Día de la Mujer

Máis desemprego e máis parcialidade: o espello laboral das mulleres en Compostela

Elas sofren un 16,4 % máis de paro // Situación similar na comarca: o 57 % das persoas sen emprego son mulleres e pasan máis tempo nesta situación que os homes // Gañan tamén en precariedade na contratación

  • 08 mar 2021 / 10:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Unha das principais reivindicacións do 8M é que, fronte aqueles que pensen que a igualdade desexada é xa unha realidade, o panorama laboral segue a reflectir que elas seguen sendo as máis prexudicadas en termos de desemprego e de precariedade. Ante unha pandemia que afectou de forma xeral ao emprego, as mulleres presenten máis porcentaxe de paro, están máis tempo en situación de desemprego e, unha vez están dentro dos condutos laborais, fano con contratos máis precarios.

En Compostela, segundo os últimos datos de paro rexistrado do Servizo Público de Empleo Estatal, referidos ao pasado mes de xaneiro, na capital galega hai 3.430 mulleres desempregadas fronte a 2.947 homes nesa mesma situación. Supón unha diferencia do 16,4 %, tal e como recolle a formación Podemos na moción presentada ante a corporación municipal. O panorama é similar a nivel galego.

Ante esta situación, Podemos esixe ao Concello a poñer en marcha medidas “que incorporen a perspectiva de xénero, feminista, interseccional e de dereitos humanos na súa acción de goberno”. A iniciativa reclama tamén ao Pleno municipal que esixa a todas as administracións públicas do Estado que garantan a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres. “As estatísticas da brecha de xénero seguen amosando a inxusta e precaria situación que padecen as mulleres en Santiago”, incide a voceira de Feminismos de Podemos, Jennifer Medina.

A isto súmase que son elas as que soportan a maior cargo de traballo no eido doméstico, algo que desde Podemos identifican como obstáculos que impiden que elas alcancen determinados postos de responsabilidade ou ocupen suficientemente os espazos públicos. Nos concellos galegos, hai un 17,6 % de alcaldesas fronte a un 82,4 % de alcaldes.

COMARCA DE SANTIAGO E BARBANZA. O 57 % do paro e o 60,7 % do desemprego de longa duración corresponden ás mulleres. En cifras redondas, fronte a 49.367 traballadoras afiliadas á Seguridade Social hai 52.314 homes. Ademais, con respecto a 2019, en 2020 perdéronse 1.000 afiliacións de mulleres á Seguridade Social. Nalgúns lugares, como Ordes, a situación e inda peor: o 60,7 % do total do desemprego de longa duración o padecen mulleres, tal e como reflicte o informe realizado por UGT en denuncia do prexuízo laboral que sofren as mulleres na comarca.

En canto á precariedade contractual, UGT incide en que, do total de contratos realizados a mulleres, un 48,4% foron a tempo parcial (maior peso que no caso masculino, onde se realizaron un 22,2% a tempo parcial).

TEMAS
Tema marcado como favorito
8M
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.