El Correo 2

A desfeita do parque Marcos Cela de Lugo

  • 06 ago 2022 / 23:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

da mágoa ver o parque adicado o exconcelleiro nacionalista Marcos Cela, onde si é certo que se está a traballar algo dende o Concello de Lugo para milloralo. Marcos Cela foiconcelleiro frentista no mandato do 2002 e faleceudun infarto no 2004 aos 48 anos.

Mentreshaiárbores tiradas que pasaron semanas para ser retiradas e deixar o paso baleiro a pontella de madeira. Tamén é certo que se están a poñeradoquíns na escalinata que permite baixar da Aceña de Olga ao río Miño, ao albergue, o barrio da Ponte e a aoclube fluvial lucense.

Nen embargantes, hai problemas co botellón e o lixo, as loucuras amorosas de adolescentes e, inda por riba, raiado de coches bos como o meu, quevendín.

O xardín é dos bos e xenerosos, trátasedunha fraga de árbores autóctonas co predominio de castiros e carballos. As súas zonas verdes, agás excepcións, están sencoidar. A herba medra nelas con luxuria.

O que aínda ten o parque é a adicatoria que llefixo o escritor e poeta Lois Diéguez. Son bágoaschovidas do ceo que vou reproducir aquí para que alguén se sonroxe: Xardín Marcos Cela: “No cosmos infinito anda el a regar con po de estrelas/ o xardínmáis florido/ que nunca endexamaistiverondeuses e profetas/ E dende el olla agoraagroma o nosocompañeiro para aquí para rir, e sorrí/ nos seusollosagromaunha pinga de resío,/ na súaman a cartela na que nos deixa escribir Xardíns Marcos Cela. Firmado, xa digo, por Lois Diéguez. Se teño o pracer de que llesgoste este humilde artículo máis da metadedébolla a el.

Entretanto falta pedirlle ao Concello que o cuide a cotío porque os veciños da zona pagan un Ibe descomunal por ter preto da casa un pulmón verde coma é este parque. Valía este artigo para lembrar o bo carácter e o traballo do concelleiro nacionalista no escaso mandato que llepermitiu a vida.

Tema marcado como favorito