Elecciones

Organizacións reclaman igualdade nos medios

  • 30 jun 2020 / 01:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

protesta. Ata 15 organizacións entregaron onte no Valedor do Pobo un manifesto reclamando o dereito da cidadanía para coñecer todas as opcións na eleccións.

Entre as organizacións atópanse unha parte importante das non parlamentarias que se presentan cara ao 12 de xullo: Pacma, Recortes Cero, Espazo Común, Os Verdes, Veciños Municipalistas, Por Un Mundo Máis Xusto, Escanos en Branco, Coalición de Centro Democrático-Autónomos, UpyD, a coalición Unidos polo Futuro e Contigo Somos Democracia. E ademais doutras organizacións como Somos Ribadumia, Long Hope ou SAIn que non se presentan ás eleccións.

Entre outros aspectos, as organizacións asinantes chaman a defender o “dereito para coñecer directamente as propostas das diferentes candidaturas”. Promoverán as iniciativas necesarias para asegurar unha eleccións democráticas. ecg

Tema marcado como favorito