Gallegos Premiados 2001
MARZO 2001

O presidente de Zeltia, Fernández Sousa, 'Gallego del mes' de marzo

  • 07 dic 2020 / 23:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

As redaccións de EL CORREO GALLEGO, 'O Correo Galego' e 'Radio Obradoiro' elixiron por unanimidade o presidente de Zeltia, José María Fernández Sousa Faro, como 'Gallego del Mes' de marzo pola investigación do seu grupo de substancias para combater diversos tipos de tumores. Este madrileño de 56 anos, inda que de ascendencia e corazón galegos, levou ó hólding que preside á máis alta cota de rendibilidade bolsista. Este biólogo, casado e con tres fillas, licenciouse en 1967 en Ciencias Químicas, para doutorarse catro anos despois en Ciencias Bioquímicas.

A análise da traxectoria persoal e profesional de José María Fernández Sousa está caracterizada polo traballo constante, factor que levou ó éxito de tódalas iniciativas e empresas nas que participou activamente.
Non é banal que o grupo Zeltia fose durante case tres anos consecutivos o valor que máis se revalorizou na Bolsa de Madrid. Trala súa consolidación en 1999, no que a actividade biotecnolóxica do grupo callou fondo no terreo bolsista, que lle cedeu toda a súa confianza á efectiva loita contra o cancro logrando que o valor se convertese na estrela dos mercados cunha revalorización do 199 por cento, Zeltia disparouse no exercicio do ano 2000 ata crecer un 255 por cento.

Campo da investigación

E a man que propiciou este milagre no campo da investigación e no terreo empresarial non foi outra que a de Fernández Sousa. Igual que seu irmán Manuel, que levou á compañía Pescanova a erixirse como un exemplo no terreo alimentario, José María tamén conseguiu extraer do mar a materia prima precisa para acurralar un gran número de tumores, un dos principais males do século pasado que cómpre erradicar no novo milenio.

Este biólogo, que está casado e ten tres fillas, licenciouse en 1967 en Ciencias Químicas, para doutorarse catro anos despois en Ciencias Bioquímicas. Ademais, é licenciado en Dirección de Empresas polo IESE de Madrid.

Asemade que realizaba un fructífero labor docente como profesor e posteriormente catedrático de Bioquímica na Universidade Complutense de Madrid e nas aulas da Universidade de Santiago de Compostela, Fernández Sousa realizou unha importante traxectoria investigadora no sector privado, percorrendo gran parte de Europa e coñecendo a destacadas personalidades no mundo da ciencia que o axudarían anos máis tarde a pór en marcha PharmaMar.

Durante este período, traballou en laboratorios de ICI-Pharmaceuticals Division o Shell. Dende 1979 ata 1985, o seu traballo centralizouse en Antibióticos, onde exerceu de director de investigación.

Foi membro, así mesmo, dos consellos de administración de Antibióticos, de Penibérica, de Biolys, de ICI-Farma, de Pescanova, de Transfesa, de Cooper-Zeltia e de ICI-Zeltia. Desde o ano 1985, José María preside o organigrama do grupo Zeltia.

Será no ano de 1986 cando cree PharmaMar, empresa punteira que tamén preside e que hoxe lidera o descubrimento e desenvolvemento de fármacos de orixe mariña.

O ET-743 estará na rúa loitando contra os tumores en dous anos

O ET-743, que podería empezar a comercializarse a partir do ano 2002, é só a punta do iceberg do ambicioso programa de investigación contra o cancro no que está traballando PharmaMar, que é unha compañía multiproducto xa que, á parte do ET-743, conta con outra ducia de compostos antitumorais en desenvolvemento.

Os catro productos máis desenvolvidos de Zeltia recibiron apoio internacional no congreso de oncoloxía de Ámsterdan: ET-743 confirmou excelentes resultados en cancro de mama e demostrou un novidoso mecanismo de acción, anunciouse o paso á segunda fase de desenvolvemento clínico da Aplidina, e conseguiu o paso de fase preclínica a clínica de Kahalalido-F.

A compañía prevé lanzar un fármaco antitumoral ó mercado cada dous anos. De momento, para financia-las súas investigacións nestes dous próximos anos, acometeu o pasado 4 de xullo unha exitosa ampliación de capital —a maior dunha empresa biotecnolóxica en Europa— mediante a que se captaron 48.320 millóns de pesetas. Incluído o green shoe exercitado o 3 de agosto, os fondos entrantes na sociedade, correspondentes a accións novas, elévanse ata 36.742 millóns de pesetas. Ademais, a empresa biotecnolóxica acometeu o pasado 29 de agosto de 2000 un split ou desdobramento das súas accións a razón de catro novas por cada unha antiga. Así mesmo, a xunta de accionistas de Zeltia aprobou o 29 de novembro unha ampliación liberada dunha acción nova por cada catro antigas.

A gran vantaxe da compañía é que conta cunha carteira de 20.000 organismos mariños conxelados que poderían ser susceptibles de ser desenvolvidos no futuro. Ademais, posúe máis de 620 patentes dos seus productos e o aval dos máis prestixiosos oncólogos independentes, que comprobaron a eficacia dos compostos de PharmaMar nos ensaios clínicos efectuados en pacientes en corenta dos principais hospitais do mundo.

O segredo de PharmaMar radica na gran capacidade para producir poderosas substancias químicas dos organismos mariños.

Tema marcado como favorito