Gallegos Premiados 2001
MAYO 2001

A vicepresidenta de Fadesa, María José Jove, elixida 'Gallega del mes' de maio por EL CORREO e O Correo

  • 07 dic 2020 / 23:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

As redaccións de EL CORREO GALLEGO e O Correo Galego elixiron por unanimidade a vicepresidenta executiva de Fadesa, María José Jove, 'Gallega del mes' de maio debido ó seu excelente labor de xestión na primeira inmobiliaria de Galicia. Tras percorrer tódolos estratos profesionais no seo da empresa, o seu labor como directiva levou a que Fadesa brille con luz propia no sector inmobiliario a escala nacional. Fadesa elevou os seus beneficios un 21,6 por cento durante o ano pasado e alcanzou a espectacular cifra de 2.902 millóns de pesetas.

Esta coruñesa de 36 anos de idade é licenciada en Dereito, ademais de posuír un Máster MDI en Dirección de Empresas Inmobiliarias. María José Jove iniciou a súa carreira profesional nun coñecido despacho de avogados da cidade herculina, para incorporarse no ano 1993 como avogado ó equipo xurídico de Fadesa, onde tivo a oportunidade de coñece-lo funcionamento da empresa.

Uns anos despois faise cargo da Dirección de Soporte Interno da compañía, da cal dependen varias responsabilidades, entre elas as funcións de Recursos Humanos, Márketing e Informática. O seu paso polas principais áreas da organización de Fadesa permitíronlle coñecer a fondo a dinámica de traballo da inmobiliaria galega.

Desde 1999, tras unha reorganización que tivo como obxecto culminar un proceso de profesionalización en Fadesa, alcanza a súa vicepresidencia executiva, pasando a depender dela de forma directa as catro direccións xerais da empresa: a área técnica, a comercial, a financeira e a patrimonial, ademais da secretaría xeral. Convértese con isto na man dereita do presidente e fundador de Fadesa, Manuel Jove Capellán, seu pai.

As cifras que definen hoxe en día a inmobiliaria galega deixan ben claro a innegable contribución de María José Jove á evolución expoñencial dela durante os últimos anos. Fadesa elevou os seus beneficios un 21,6 por cento durante o ano pasado e alcanzou a espectacular cifra de 2.902 millóns de pesetas. En canto á facturación, o seu crecemento no 2000 elevouse un 61,7 por cento ata alcanza-los 62.700 millóns. Gracias ó bo ollo comercial e financeiro de María José Jove, estas cifras quedarán moi atrás durante este ano, no que se espera que a facturación supere os 70.000 millóns de pesetas, cuns beneficios que, gracias a isto, romperían a barreira dos 3.000 millóns.

FUTURO

A primeira das liñas de futuro que se marcan desde a vicepresidencia executiva de Fadesa fundaméntase en seguir a bo ritmo a actividade puramente inmobiliaria. Para isto, a inmobiliaria galega dispón na actualidade dunha reserva de 4,2 millóns de metros cadrados, terreo máis que suficiente para colma-la vontade de expansión de calquera inmobiliaria.

O obxectivo é seguir crecendo no sector, ata converterse en líderes do mercado nacional, onde Fadesa é xa a inmobiliaria máis diversificada xeograficamente.

A outra das vías de futuro que explotará Fadesa encádrase no ámbito da súa División Patrimonial. Neste eido, a empresa galega investirá máis de 75.000 millóns durante os vindeiros catro anos. O fin desta aposta pola adquisición de patrimonio é diversifica-la actividade, para poder afrontar de forma eficiente os ciclos baixos que se producen na actividade inmobiliaria. As apostas de Fadesa neste campo diríxense ó sector hoteleiro e do ocio, o alugueiro de vivendas e oficinas, os centros comerciais e os complexos xerontolóxicos.

Entre os proxectos máis destacados encóntrase a creación dun complexo de luxo en Fuerteventura, no que se investirán 24.000 millóns de pesetas. Ademais, un hotel de luxo na Costa do Sol, por 4.800 millóns, e outro na Coruña, que custará 4.000 millóns.

Na súa liña de atención á terceira idade, resalta o centro Esvida da cidade herculina, que posibilitalos máximos coidados a centenares de membros da terceira idade, tanto residenciais como médicos. Proximamente, Fadesa construirá outro destes centros en Valladolid.

Tema marcado como favorito