Videos

Mascarillas e preferencia para maiores nas eleccións do 12-X

  • 28 may 2020 / 13:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

As directirces para acudir con garantías ás urnas nas eleccións galegas do próximo 12 de xullo xa teñen contido. O protocolo articulado pola Xunta recolle un reforzo das medidas de seguridade sanitaria nos colexios que inclúen dar prioridade no acceso aos maiores de 65 anos e gardar a distancia de seguridade, o uso obligatorio de máscaras e colocar “en lugares de fácil acceso” as cabinas de votacion “tratando de evitar” as coritnas nas mesmas para non ter que manipular ese elemento.

Así o explicaron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, durante a presentación do documento no que colaboraron ambos departamentos, e que incorpora tamén propostas do comité clínico que asesora ao Executivo galego no marco da crise sanitaria do coronavirus.

Tema marcado como favorito