Videos

Minuto de silencio en Santiago polas vítimas da covid-19

  • 27 may 2020 / 14:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Hoxe tivo lugar o primeiro acto en Santiago do loito oficial de dez días declarado polo Goberno de España en sinal de dó polas vítimas da covid-19. Dende esta pasada madrugada e ata o 5 de xuño, as bandeiras dos edificios públicos ondearán a media asta.

A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio en memoria das persoas falecidas a causa do coronavirus. A Corporación do Concello de Santiago e traballadores municipais sumáronse a este acto.

Tema marcado como favorito