Galicia

A Asociación Agraria de Galicia esixe ás industrias lácteas que suban o prezo do leite que cobran as granxas

O seu presidente, Francisco Bello, participou en Madrid na xuntanza que convocou o Ministerio de Agricultura // Reclama que os contratos entre as empresas e gandeiros melloran para, coma mínimo, cubrir os disparatados custos de produción actuais

  • 11 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Asociación Agraria de Galicia (Asaga) participou este mércores en Madrid na reunión que convocou o Ministerio de Agricultura para analizar a situación actual do sector lácteo en España. O seu presidente, Francisco Bello, transmitiulle ao secretario xeral de Agricultura e Alimentación, Fernando Miranda, a dramática situación pola que está pasando o sector productor lácteo. Os coste de produción actuáis non só é que non permitan que as explotacións lácteas obteñan o beneficio necesario para calquera actividade económica, se non que nin sequera logran cubrir o que gastan para manter a actividade.

Dende a Asaga incidiuse en que “nunca se viviu en España unha situación así”. Os gandeiros tiveron que asumir subidas dos seus provedores entre o 30 e o 100 % respecto ao ano anterior. Electricidade, combustible, alimentación animal, transporte, recambios... Francisco Bello pediulle ao secretario xeral do Ministerio que se deben renegociar ao alza os contratos existentes entre a industria e os gandeiros. Cada un deles debe mellorarse, coma mínimo, en base aos costes de produción actuáis.

O Ministerio comprometeuse a que a nova Lei da Cadea Alimentaria se aprobará este ano. Nela, hai dous artigos que son de especial interese para os gandeiros, pois un recolle que a industria non pode pagarlle ao gandeiro polo leite menos que o que lle suponen os costes de produción.

Tampouco se pode destruir o valor de ningún producto alimentario. Queda totalmente prohibida calquera tipo de promoción que supoña vender a perdas, ou ao mesmo valor que o coste de compra. Todavía segue a usarse o leite, en moitas ocasións, coma produto reclamo.

Francisco Bello pediulle ás industrias lácteas, no transcurso da reunión mantida en Madrid que teñen que mover ficha inmediatamente. “Cada ano están desaparecendo un 5 % das explotacións gandeiras españolas. Esta situación non se pode manter máis no tempo”, asegurou o presidente de Asaga. O Ministerio pode axudar a controlar esta situación pedindo que se empreguen ferramentas de cálculo de produción, coma a ‘Conta Láctea’ que promove a Xunta de Galicia, que permitan que os gandeiros poidan demostrar os costes reais das súas explotacións. A través destas aplicacións poderíamos impedir que non se asinase ningún contrato que marcase un prezo polo leite inferior aos costes de produción.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.