Galicia

A Lei de xestión integral da auga permitirá aforros de até o 10% na prestación de servizos

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade sinala ademais que a nova norma fai “máis viable” a contratación de técnicos especialistas

  • 26 sep 2021 / 18:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

SANTIAGO. EP. A Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga impulsada pola Xunta permitirá, segundo sinalaron, aforros de ao redor do 10% na prestación dos servizos coa xestión agrupada das infraestruturas hidráulicas e coa aplicación de economías de escala. Segundo explicou a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade nun comunicado, o sistema agrupado de xestión das infraestruturas de abastecemento ou depuración que posibilita a nova normativa da Xunta "redundará nunha maior eficiencia, coordinación e equidade no seu mantemento e conservación, ao permitir agrupar a xestión de instalacións hidráulicas en función da súa proximidade e aproveitar a economía de escala".

Esa maior eficacia na xestión, apuntan, virá dada "pola sinerxía que se consegue coa dispoñibilidade de materiais e de repostos, equipos auxiliares ou persoal das instalacións hidráulicas que se xestionen de maneira integrada". Outra vantaxe indicada polo Goberno autonómico é a redución dos custos, "derivados da optimización de materiais, equipos e persoal e da redución dos prezos de compra dos materiais fornecidos".

Ademais, este tipo de xestión tamén fai "máis viable e asumible" a contratación de técnicos especialistas, "logrando unha xestión máis profesionalizada das infraestruturas hidráulicas". Neste sentido, a Consellería lembrou que a necesidade de persoal é "un dos aspectos crave e primordial na xestión das infraestruturas hidráulicas", xa que este tipo de instalacións precisan dunhaatención continuada as 24 horas do día.

RESPOSTA ÁS PETICIÓNS MUNICIPAIS

A Xunta exemplificou as vantaxes da nova norma coa xestión conxunta que, desde xullo de 2015, realiza o Executivo galego das depuradoras da Illa de Arousa, Meaño e Ribadumia. "Se se comparan os custos reais que supuña explotar cada unha destas instalacións de maneira individual cos custos que implica a súaxestión conxunta, constátase un aforro dun 10,5% en custos fixos e dun 7% en custos variables: unha redución de custos de 120.000 euros ao ano fronte á xestión individualizada", explicou Infraestruturas.

Por outra banda, remarcaron que a lei "pretende dar resposta" ás solicitudes de apoio que os concellos lle trasladan "de formacontinua", ante as dificultades, "contrastadas", para exercer as súas responsabilidades de saneamento, depuración e abastecemento e garantir a prestación dun bo servizo da auga aos seus veciños. Augas de Galicia xestiona actualmente 28 depuradoras municipais e, coa nova lei, "poderán regular, ampliar e estender aos concellos galegos nas súas competencias". Todos aqueles municipios que o soliciten, de maneira totalmente opcional e voluntario, poderán acollerse a este modelo de colaboración, afirmaron.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.