Galicia

A USC ofrece 42 contratos predoutorais para persoal investigador en formación

O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto do 3 ao 31 de xaneiro de 2022

  • 31 dic 2021 / 12:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A creación dun plan propio de captación de persoal investigador en formación é a base da convocatoria dotada con 42 contratos predoutorais que a USC publicou este xoves. Esta medida permitirá “renovar o persoal, incorporando persoal en formación que nutra no futuro a carreira académica, e atender especialmente aquelas áreas de coñecemento nunha peor situación”, establece o texto da convocatoria cuxo prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto do 3 ao 31 de xaneiro de 2022 ás 14.00 horas.

A resolución busca promover a formación de doutores/as que realicen unha tese doutoral nalgún dos programas de doutoramento ofertados pola USC en calquera das áreas de coñecemento establecidas e atópase estruturada en dous apartados. A modalidade A, —dotada con 22 contratos— conforma un plan propio de captación de investigadores/as predoutorais, financiado polo Banco Santander; mentres que a modalidade B —20 contratos— está enfocada á formación de doutores/as nos grupos de investigación da USC, co fin de que realicen unha tese doutoral asociada a un proxecto de investigación pertencente á institución compostelá. Este plan completarase más adiante cunha convocatoria específica con financiamento do Convenio de colaboración para o Campus Terra, unha vez que foi acreditado como campus de especialización.

Carreira investigadora competitiva

“O doutoramento é un proceso de aprendizaxe complexo que ten por obxecto formar doutores e doutoras de calidade, con preparación para enfrontarse a unha carreira investigadora e académica competitiva coas mellores garantías de éxito”, establece a USC no preámbulo da convocatoria. Non se pode obviar que este tamén é o primeiro paso na carreira académica universitaria, “na que un dos principais problemas na actualidade é a idade media dos corpos docentes, que se sitúa en 55,4 anos no conxunto de universidades públicas españolas e que na USC ascende a 57,5”. Ademais, no Sistema Universitario Español un 24,1% do profesorado de corpos docentes está en proceso de xubilación (60 ou máis anos), mentres que na USC esa cifra elévase ao 26,9%, cun 10% de profesorado que ten máis de 67 anos. Neste contexto, a USC quere dar pulo a accións que, tal e como sucede coa convocatoria que acaba de ver a luz, logren a longo prazo corrixir esta situación.

Criterios de valoración

Na modalidade A, o 40% da puntuación final de cada persoa aspirante obterase sobre a media do seu expediente académico de acceso ao doutoramento, establecendo unha nota mínima de 6 puntos. O 60% restante da puntuación final obterase da avaliación do seu Plan de Investigación e da puntuación asignada a cada área de coñecemento. Ademais, nesta convocatoria contémplase tamén a contratación de investigadores/as predoutorais con financiamento das estruturas de investigación propias da USC (Modalidade B), na que se avaliará a idoneidade do currículo da persoa aspirante para desenvolver a súa tese no marco da investigación proposta polos grupos.

Os contratos das dúas modalidades terán unha duración de dous anos e poderán prorrogarse por un ano. Ademais, na modalidade B, poderán realizarse contratos dun ano de duración a condición de que a persoa beneficiaria se atope matriculada no seu último ano do programa de doutoramento.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.