Galicia

A Xunta adxudica por 19 millóns de € a primeira fase do desdobramento da VAP Nadela-Sarria

  • 08 jul 2020 / 21:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

REDE VIARIA. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a execución das obras da primeira fase do desdobramento da Vía de Alta Prestación (VAP) Nadela-Sarria. Foron adxudicadas por un importe de máis de 19,3 millóns de euros á unión temporal de

empresas Ovisa-Covsa-Grupo Bascuas 2008 S.L.-Construcciones Isidro Otero S.L,e o seu inicio está previsto para o próximo mes de setembro. A actuación conta cun prazo de execución de 24 meses. A intervención comezará con 11,5 quilómetros, entre A Pobra de San Xiao e Sarria centro, e os seus obxectivos son o reforzo da seguridade viaria, a mellora da funcionalidade e o nivel

de servizo da vía de altas prestacións. O inicio do desdobramento entre A Pobra de San Xiao e Sarria centro vese xustificado no incremento do tráfico neste treito, sendo no ano 2018 do 4,5% fronte ao 0,5% rexistrado no conxunto da rede autonómica de estradas.

Neste tramo, resulta necesaria a ampliación da capacidade, tanto pola súa alta intensidade de tráfico, uns 7.450 vehículos ao día, como pola súa orografía complicada, con pendentes pronunciadas que reducen a velocidade dos vehículos e diminúen as posibilidades de adiantamento.

As obras incluirán a construción dunha nova calzada paralela á existente, pola marxe esquerda sentido A Pobra de San Xiao, pasando dunha calzada con dous carrís actuais a dúas con dous carrís por sentido. A actuación tamén prevé a adaptación dos enlaces e dos pasos inferiores existentes, ademais da reposición dos camiños de servizo afectados.

O deseño da autovía responde aos criterios técnicos máis exixentes, o que vai a permitir facer o percorrido de xeito máis rápido, máis seguro e con maior comodidade, cunha velocidade máxima de 120 Km. A intervención tamén procurará a redución da accidentalidade nas estradas por causa do xabaril. pedro lemos

Tema marcado como favorito