Galicia

Abre as portas o primeiro dos cinco polos que a Xunta prevé inaugurar este ano

Forman parte dunha rede de doce Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego que se disporán por todo o territorio galego

  • 19 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

No marco da estratexia Xempre Rede en Emprendemento, a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, inaugurou nun acto o día de onte o Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Verín (Ourense). Este é o primero de cinco polos que a administración galega se dispón abrir ao longo deste 2022, cunha inversión de 12 millóns de euros.

Trátase dunha iniciativa mediante a cal a Xunta prevé establecer 12 polos de emprendememtno ao longo da comunidade, co fin de crear sinerxias en todo o territorio e apoiar o emprego. Segundo salientou a conselleira, permitirá “casar a xestión da procura do emprego coa realidade social e xeográfica de Galicia” que, a través da súa disposición por comarcas, fará posible “dinamizar o mercado de traballo procurando a interactuación entre os ámbitos rurais e urbanos”.

Este modelo de polos aspira a converterse nunha plataforma eficaz de dinamismo laboral, mediante a cal asentar a poboación, establecer sinerxias entre o rural e o urbano, e crear emprego de calidade que se manteña no tempo e lograr, así como lograr unnha efectiva igualdade de xénero e modernizar o ecosistema emprendedor.

Nestes espazos, que están plantexados para funcionar como dinamizadores de captación de proxectos e de iniciativas empresariais, ofreceranse servicios que permitan fomentar o emprego. Entre outros, poderase recibir información sobre oportunidades de emprendemento, asesoramento personalizado para cada territorio, espazos de traballo temporal e networking, captación de investimento e financiamento, orientación e asesoramento e recursos físicos, como son as oficinas estreadas onte no municipio de Verín.

Asemade, as persoas usuarias terán acceso a convocatorias anuais de axudas (cunha duración de dous anos) para consolidar o seu investimento e a creación de postos de traballo.

Modernización do Servizo. A creación destes doce polos, que se enmarca na estratexia Xempre Rede de Emprendemento, estase a desenvolver simultaneamente coa modenización do Servizo Galego de Emprego, da man da Axenda Galega de Capacidades. Neste eido, a Xunta integrará unha nova ferramenta informática que permitirá empregar a intelixencia artificial para casar oferta e demanda.

Alén disto, prevé a incorporación de 136 orientadores á rede de emprego e o apoio e colaboración estreita da iniciativa privada ao novo modelo de xestión, xa materializada coa firma do convenio de colaboración a semana pasada coa Confederación de Empresarios de Galicia.

modelo de polos
emprendemento para fixar a poboación

··· “A través dos polos, queremos unir recursos e impulsar proxectos innovadores que fomenten a inserción laboral e o emprego de calidade”, explicou María Jesús Lorenzana o día de onte na inauguración. “Como saben os de aquí, un pode vivir en Verín e traballar nunha cooperativa de Monterrei, ou vivir en Verín e crear un negocio que remate estando en Portugal, nas Illas Baleares ou que estea internacionalizado”, ao que quixo engadir que, con este modelo de polos, “estamos a falar dunha realidade que está vencellada tamén á fixación poboacional”.

Tema marcado como favorito