Galicia

Achan unha nova familia de moléculas con efecto vasodilatador reversible

  • 25 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

INVESTIGACIÓN. Un equipo da USC acaba de constatar o efecto vasodilatador dunha nova familia de moléculas, as nitrato-cumarinas, sen provocar dano nos aneis aórticos. Estes compostos liberadores de óxido nítrico lograron promover a dilatación das paredes das arterias, aumentando o transporte de osíxeno a través da circulación sanguínea dun xeito natural e seguro, un achado que abre a porta ao desenvolvemento de novos fármacos para facer fronte a enfermidades cardiovasculares.

O artigo asinado polos investigadores da USC Maria João Matos, Eugenio Uriarte, Nuria Seoane, Aitor Picos, José Gil-Longo e Manuel Campos-Toimil foi seleccionado para ocupar a portada da publicación ChemMedChem, a revista oficial da Federación Europea de Química Medicinal. A devandita portada, foi creada pola propia Maria João Matos, primeira asinante, e mostra a molécula máis activa dunha serie de nitrato-cumarinas que “maxicamente” libera óxido nítrico no torrente sanguíneo, o que produce un efecto vasodilatador. O estudo centrouse na síntese desta nova familia de moléculas que presentan na súa estrutura química grupos nitrato, para avaliar o seu potencial efecto vasodilatador a través da liberación in situ de óxido nítrico. r.m.a.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.