Galicia

Alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo

  • 23 ene 2021 / 13:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

SANTIAGO. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta ven de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro no noroeste da provincia de A Coruña e no litoral lucense a partir deste mediodía. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a partir deste mediodía dará comezo un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa que afectará aos litorais no noroeste da provincia de A Coruña e na provincia de Lugo. No litoral de A Coruña haberá vento de suroeste-oeste de de forza 8 en Prior-Bares, con mar combinada do oeste con ondas de 4 a 5 metros. E no litoral de Lugo, esperase vento do oeste de forza 8, principalmente en Bares e mar adentro con mar combinada do oeste-suroeste de 4 a 5 m. O resto do litoral permanecerá en nivel amarelo

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.