Galicia

Ana Pontón, a política favorita entre os universitarios galegos

Nunha enquisa, preto de 200 alumnos e alumnas da USC puntúan cun suspenso a acción do Goberno galego, aínda que gran parte dos consultados cren que a xestión da pandemia non é mala

  • 06 feb 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A lideresa do BNG leva presente no plano político o tempo necesario para ter sido escollida como candidata pola militancia nas eleccións de 2016, e así mesmo o fixo nas eleccións á Presidencia da Xunta de Galicia en xullo de 2020. Á súa vez, o Bloque Nacionalista Galego situouse como segunda forza política máis votada, obtendo 19 escanos, por dertás do Partido Popular, partido no Goberno e con maioría absoluta na Cámara (42 actas).

Tras unha enquisa realizada a 196 universitarias e universitarios galegos de 18 a 26 anos (das cales 112 foron mulleres, 78 homes e 6 preferiron non decilo), de Grao e Máster, de múltiples ámbitos académicos (Bioloxía, Ciencias Políticas, Avogacía, Economía, Psicoloxía, Filoloxías, Farmacia, Enxeñarías, entre outras), una ampla maioría afirma sentirse máis preto ideoloxicamente ao Bloque Nacionalista Galego (BNG) cun 57,1%, e á súa vez aseguran que Ana Pontón é o actual líder político co que máis afinidade teñen (63,3%). En segundo lugar posicionan a Alberto Núñez Feijóo (16,8%), do PPdeG, e detrás sitúan ao socialista Gonzalo Caballero (4,1%). É destacable que un amplo sector dos alumnos (15%) non se sinte afín a ningún dos líderes que se atopan no panorama político galego actual, e un dato chamativo é que una parte dos participantes na enquisa séntense próximos ao Partido Socialista de Galicia pero afirman que se tivesen que votar proximamente faríano ao BNG, e un motivo que indican é que necesitan un partido que defenda os intereses de Galicia en España.

Sobre a satisfacción coa xestión do Goberno actual, a maioría dos consultados puntúana cun 3 (nunha escala do 1 ao 10, onde 1 é nada satisfeito e 10 e completamente satisfeito). O alumnado disconforme coa acción do Executivo galego denuncia que non representa os seus intereses como estudantes, e moitos declaran que non se está a crear un futuro para a mocidade galega e que o sistema educativo esta mal plantexado: “Desprézase o uso do galego nas aulas, non se promociona a educación pública” e ademáis, din, “tentan precarizar a educación universitaria para así privatizar as universidades”, un feito moi mencionado e cara o que non mostran ningún tipo de simpatía.

As axudas prestadas aos estudantes por parte do Goberno de Galicia son un tema continuamente mencionado, e moitos universitarios opinan que as bolsas non son suficientes, e manifiestan que moitas persoas, ainda agora, non poden acceder á Universidade ou presentan moitas complicacións á hora de tentar pagar ás taxas ou o aluguer do piso onde residen durante o curso escolar. Outro factor que preocupa aos estudantes é o prezo do transporte galego, xa que: ”Moitos non vivimos nas cidades nas que estudamos e o prezo do bus ou tren é un custo considerable que non todos se poden permitir regularmente”.

As respostas á pregunta correspondente á xestion da pandemia por parte do Goberno son máis variadas (nunha escala do 1 ao 10), onde a media atopase nun 4,7, moi preto do aprobado, e é destacable que moitos dos universitarios afirman que: “A verdade é que é unha situación complexa e que calquera o estaría a facer mal de maneira que non compracería á maioría da poboación”. Outros afirman que unha coalición tería sido máis adecuada, e sosteñen que se enfocaría “desde máis perspectivas”. En xeral, os estudantes afirman que a xestión da pandemia non está a ser mala e moitos compárana coa situación doutras comunidades autónomas, pero explican que ter os exames presenciais en xaneiro non foi algo co que se sentisen moi cómodos.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.