Galicia

As exportacións galegas recuperan dinamismo e pechan o 2021 cunha suba do 32%

A Coruña, provincia líder con crecementos do 77 por cento a consecuencia do sector téxtil // Galicia perde peso en produtos exportados de alta intensidade tecnolóxica

  • 10 mar 2022 / 11:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O crecemento das exportacións gaelgas permite consolidar o seu peso relativo no total español, que para o conxunto de 2021 se sitúa no 8. Tal e como o amosa o semáforo Baexga , o único indicador verde é o relativo ao valor das exportacións, posto que o peso de Galicia en España mantense moi por riba do seu peso no PIB.

Así se desprende do informe do Foro Económico de Galicia, Baexga (Barómetro Exportador de Galicia) que cada trimestre elaboran os economistas Isabel Novo Cortí e José Manuel Sánchez, da Universidade da Coruña.

Dende o punto de vista provincial, todas as provincias rexistran taxas interanuais positivas e cabe salientar os casos de A Coruña e Ourense, con crecementos do 77,2 % e 31, 8% respectivamente. As considerables diferencias entre provincias responden á concentración sectorial que caracteriza cada unha delas, especialmente nos casos de A Coruña (téxtil) e Pontevedra (automoción), cun crecemento do 1,9 %.

Precisamente canto aos graos de concentración das exportacións, tanto o sectorial como o espacial son máis altos en Galicia que en España e polo tanto non superan o amarelo, a pesar de que neste trimestre a diferenza con respecto a España reduciuse levemente.

No que se refire ao número de empresas exportadoras, Galicia aumenta o seu número, pero aínda así segue por baixo do valor que lle correspondería segundo o seu peso económico no conxunto de España. (vermello no semáforo)

En canto ao contido tecnolóxico das mercadorías exportadas, a porcentaxe de empresas galegas que exporta produtos de alta intensidade tecnolóxica é inferior ao conxunto de España. Ademais, a maior taxa de crecemento interanual para España amplía dita diferencia, de aí a cor vermella do correspondente indicador.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.