Galicia
O seu proceso de rehabilitación prolongouse durante trinta anos // A concesión da cafetería, unha das mellores atalaias da cidade, aínda no se fixo TEXTO Froilán Varela

Cárcere Vello lucense, de xugo dos republicanos a centro cultural para todos

  • 30 jun 2020 / 21:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Cárcere Vello de Lugo é un bo exemplo da recuperación dun edificio singular, construído para ter presos e torturas, en centro cultural, onde agora todo o que se fai resulta acorde coa liberdade das persoas.

A nova sé da cultura inaugurouse no 2017 en Lugo e nunha das súas aulas figuran os nomes de tódolos republicanos represaliados.

A recuperación do edificio, finalizada con Xosé Clemente López Orozco de alcalde, levou máis de trinta anos. Durante a Guerra Civil os presos republicanos estiveron hacinados, famentos e maltratados, pero fixéronlle un espazo aos libros, a poesía e as charlas maxistrais, segundo Cristina Fiaño, coordinadora da mostra O Vello Cárcere de Lugo. Cinco anos á sombra.

O Cárcere Vello pertencía ao partido xudicial de Lugo. Porén, tiñan nel unha parte Friol, Outeiro de Rei, Castroverde, Begonte e O Corgo.

Orozco expropiou a aqueles que non quixeron vender e aí comezou a súa recuperación. O proxecto de rehabilitación gañouno o equipo de arquitectos formado por Covadonga Carrasco e Juan Creus. Conservaron a estructura circular do edificio e a parte metálica central, que separaba as cellas dos homes e das mulleres. Esas vigas de ferro foron da época dos traballos de Eiffel en París, lembra o historiador Adolfo de Abel Vilela.

Hoxe ten un auditorio, varias salas de exposicións –unha delas adicada á memoria histórica– e unha cafetería na terraza, que aínda está por explotar, nun dos mellores miradores da cidade de Lugo.

O primeiro cárcere que tivo a cidade estivo en Armanya no século XVIII. Derrubouse nos anos 50 do XX para facer a sé do Goberno Civil, hoxe subdelegación do Goberno. Daquela xa funcionaba o novo, a que hoxe chamamos Cárcere Vello.

No XIX houbo unha corriente social capitaneada por Concepción Arenal e Ramón de la Sagra para a mellora dos cárceres. Un busto de Concepción Arenal preside o xardín da Praza da Constitución.

Esa presión fixo que o Estado construise novos cárceres modernos. O de Lugo foi o segundo de España en innovación, sendo o primeiro o de O Saladero de Madrid. Ambos baseábanse na arquitectura carcelaria do panóptico de Yeremí Betham, un filósofo e pensador inglés, padre do utilitarismo. A estructura consistía nun círculo e un punto no medio que servise para controlar ambas ás. O Carcere Vello de Lugo debe a ese utilitarista a súa estampa semicircular.

Na esquerda estaban as cellas dos homes e na da dereita a das mulleres, mentres había unha garita central diseñada de forma que un só garda podía controlar tódalas cellas, sen ser visto polos presos, grazas a un protector con vidrieiras. Enriba desta garita de madeira había un patio para dicir misa. Os internos masculinos saían ao corredor e as mulleres participaban no acto tras unha tesela de madeira con ocos, para que non foran vistas por ninguén, agás o garda. Ese artefacto conservouse e está alí exposto.

RETRASO DAS OBRAS En 1986 o Vello Cárcere era a sé da Policía Local. Sendo alcalde Vicente Quiroga, fixo tres aparcamentos soterrados en Lugo: Praza da Constitución, a do Ferrol e Santo Domingo. Nas obras apareceron restos arqueolóxicos que Cultura ordeou conservar. Isto produciu en Lugo unha sacudida, pois retrasaba moito as obras

Con Abel Vilela, delegado de Cultura, aínda sendo baixa en AP, promoveuse no 1987 unha exposición de achádegos arqueolóxicos coma menciña pedagóxica, que foi visitada por 15.000 persoas. Hai pouco, Quique Alvarellos presentou no Cárcere Vello o libro da súa editora El gran viaje de estudios de García Lorca. Tamén Fernando Jáuregui, con Lois Caeiro e Xosé de Cora, deu a coñecer a obra coral Los periodistas estábamos allí para contarlo, polo 40 aniversario da Constitución.

Tema marcado como favorito