Galicia

Comerciantes galegos avanzan o camiño cara á dixitalización do sector

Seijas aboga pola unión e traballo a carón da FGC e o vicepresidente Conde por gañar mercados

  • 20 nov 2021 / 00:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Congreso do Comercio Galego, organizado pola Federación Galega de Comercio en colaboración coa Xunta, foi clausurado este venres despois de dúas intensas xornadas de traballo, nas que a través de 18 ponencias se profundizou na situación e perspectivas do sector, prestando especial atención a retos como a modernización, a transformación dixital, a venta online, as claves de éxito e o comportamento e necesidades do consumidor.

Na clausura oficial, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, destacou que as conclusións extraidas do congreso aportan ideas para enfocar o presente e futuro do sector. Asimesmo, invitou a pechar o encontro en clave positiva “cunha mensaxe de traballo, de unión, de valor e de vista adiante” para afrontar os retos que se presentan.

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, clausurou oficialmente o Congreso, apuntando ó crecemento do comercio online durante a pandemia como a mellor mostra de que nos atopamos en momento de cambio para o sector “por iso, ter un comercio dixitalizado é fundamental para chegar a máis clientes, máis mercadose estar operativos 24 horas ó día, 365 días ó ano”.

Conde López sinalou tamén a importancia de que o comercio impulse novos modelos de negocio, vencellados á sustentabilidade, economía circular e transformación dixital, potenciando tanto as canles de venda física como a través de Internet “e manter o tecido comercial nas nosas vilas e cidades”.

Conclusións. Deste congreso saen directrices como a de orientar os negocios cara o cliente. Identificalo, comprendelo, coñecer os seus hábitos, os seus horarios e, a partir dahí, crear unha proposta de valor única, diferenciada e relevante para ese público obxectivo.

Tamén se falou do posicionamento a acadar na mente do consumidor e, feito isto, empregar as ferramentas que ten o márquetin para seducir e fidelizar ao público obxectivo. Quedará marcado así cal será o noso produto ou servizo, o prezo que debe ter, as canles de distribución axeitadas e as ferramentas de comunicación que precisamos, tanto no online como no offline.

“Podemos estar posicionados en buscadores, ser expertos en comunicación de plataformas sociais, etc. pero se a nosa atención ao cliente non é a axeitada, probablemente o perderemos, será eventual e non aproveitaremos todo o traballo feito”, advirten.

“Se non conectas do xeito que o consumidor está buscando, non xerarás recordos nel, por moi bo que sexa o teu produto ou servizo”, argumentan. É importante coñecer os hábitos de compra dixitais e a forma de facerlle chegar ao consumidor o produto ou servizo.

“A competencia non é o enemigo. O noso enemigo é o inmovilismo”, indican os comerciantes. “Temos que adaptarnos, abrirnos ó novo comercio, ó comercio 24 horas”, sinalan. A pandemia acelerou un proceso de cambio nos hábitos de consumo, que deu lugar á irrupción de numerosos sistemas de pago. Son seguros pero seguen a xerar desconfianza por ser grandes descoñecidos para moitas empresas que dependen deles.

“Dixitalizar non é unha opción, é unha obriga”, argumentan, ainda que “non a calquera precio, dando os pasos necesarios e adaptados á nosa realidade”. A comunicación para a mellora de relacións cos consumidores é clave. Escoller as redes sociais acordes cos obxectivos e ao target ao que un se dirixe “é parte de que unha plataforma social sexa exitosa e ofreza os resultados buscados”. Canais dixitais como Google My Business, redes sociais ou publicidade en Google son moi axeitados para traballar a publicidade a nivel local. Tamén un blog pode ser un gran aliado das vendas se se utiliza ben. Ademais, “compre coñecer e cumprir toda a normativa vixente na venda online, a través das plataformas de comercio electrónico ou directamente a través dunha web propia”.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.