Galicia

Comezan os traballos de exhumación da fosa de San Pedro de Filgueira

As actuacións son froito da labor desenvolvida por un amplo equipo interdisciplinario da USC

  • 25 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. As exhumacións seguen a folla de ruta. O equipo interdisciplinario da USC encargado de executar o Plan Cuadrienal de Memoria Democrática iniciou o mércores os traballos de exhumación da fosa do cemiterio de San Pedro de Filgueira, no concello pontevedrés de Crecente.

Os historiadores Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho, o arqueólogo José Carlos Sánchez Pardo, o antropólogo forense Fernando Serrulla Rech, e o xenetista Ángel Carracedo Álvarez, integran o equipo de traballo.

Búscase o corpo de César Alberte Domínguez, natural de Arnoia (Ourense), onde traballaba como carpinteiro, sendo concelleiro en 1936.

Segundo a memoria familiar e a pouca documentación existente, foi sacado da súa casa en Oliveira-Arnoia e asasinado na Ponte de Castrelo de Miño. “Non hai rexistro civil de defuncións; porén, consérvase a denuncia contra os supostos asasinos que interpuxo un tío seu, que é de onde se pode certificar a súa morte”, explican dende o equipo investigador.

Ademais deste enterramento irregular, en Filgueira atópanse, segundo os datos de nomesevoces.net, dúas fosas individuais na beira do río Miño nas que, por mor da construción do encoro de Freira, resulta imposible desenvolver tarefas de exhumación. Trataríase de dous cadáveres aparecidos no río en 1936 e 1937. Segundo o rexistro civil do concello, aparecen como descoñecidos. Os traballos en Filgueira prolongaranse durante a semana que vén, dando así por rematadas as actuacións deste ano ao abeiro do convenio entre a USC e a Xunta de Galicia.

A localización, exhumación e identificación de vítimas durante a Guerra Civil, así como a represión política posterior é un dos obxectivos do Plan Cuadrienal de Momoria Democrática en Galiciaque baixo a coordinación do grupo da USC Histaga, acometerá ata 2024 a dignificación dos lugares de enterramento e promoción das zonas de memoria.

“O contacto cos axentes sociais é imprescindible”, sinalou o investigador principal de Histagra, Lourenzo Fernández Prieto. “Facemos un chamamento a todas aquelas persoas que desexen exhumar ou investigar fosas relacionadas coa violencia franquista, así como achegar datos relativos as mesmas”, dixo. ecg

Tema marcado como favorito