Galicia

Descuberta con presenza da USC, buracos negros e estrelas de neutróns

  • 29 jun 2021 / 18:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

santiago. Un equipo de científicos no que toma parte a Universidade de Santiago (USC) a través do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (Igfae) confirmou por vez primeira a detección dun choque entre un buraco negro e unha estrela de neutróns. De feito, non foi un, senón dous eventos deste tipo os que se produciron con apenas dez días de diferenza en xaneiro de 2020. Estes casos extremos “engurraron” o espazo, xerando ondas gravitacionais que se demoraron 900 millóns de anos luz (polo menos) ata chegar á Terra. En ambos, a estrela de neutróns foi engulida polo seu compañeiro o buraco negro, probablemente.

Ditas ondas son perturbacións na curvatura do espazo-tempo creadas por grandes obxectos en movemento. Durante os cinco anos transcorridos dende que se mediron por primeira vez, identificáronse máis de 50 sinais que emitiu a fusión de buracos negros e de estrelas de neutróns (os dous cadáveres de astros masivos, aínda que son maiores os primeiros que as segundas).

O estudo, que viu a luz en The Astrophysical Journal Letters, anuncia a detección de ondas gravitacionais procedentes deste par de raros eventos, cada un dos cales supuxo que colisionaron unha estrela de neutróns e un buraco negro. ecg

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.