Galicia

EFA Fonteboa recibe o XXII Premio Aresa polo seu labor a prol do rural

  • 03 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

nova edición. A candidatura presentada polo Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa resultou a gañadora do XXII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, segundo deu a coñecer este mércores na Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo da USC o xurado encargado de emitir o ditame dun galardón que recibiu 13 candidaturas nesta edición. O recoñecemento, convocado polo grupo empresarial Aresa conxuntamente coa USC, contempla unha dotación en metálico de 10.000 euros, ademais da placa conmemorativa.

O reitor da USC, Antonio López, presidiu o tribunal encargado de resolver a vixésima segunda edición deste galardón nunha sesión na que participaron de xeito presencial a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, e a vicepresidenta de Aresa, Carlota López.

Ademais, o presidente fundador de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras e a presidenta da Asociación Nacional de Enxeñaría Agrónoma, Mª Cruz Día, entre outros membros do xurado, participaron nas deliberacións, valorando as iniciativas que contribúen a favorecer o desenvolvemento socioeconómico do medio rural e que melloran a calidade de vida e o grao de benestar dos seus habitantes. redacción

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.