Galicia

En vermello o téxtil no ‘semáforo exportador’, en verde a alimentación

O Foro Económico de Galicia lanza o seu novo barómetro do comercio exterior que amosa unha caída inédita

  • 02 jul 2020 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A análise sectorial sobre as exportacións galegas mostra “un desplome nunca antes visto”. Os expertos do Foro Económico de Galicia responsables do novo Baexga (Barómetro Exportador de Galicia), Isabel Novo e José Manuel Sánchez da UDC, debuxan un semáforo exportador que sitúa en vermello os sectores máis afectados pola pandemia, como foron os dos bens de equipo, o téxtil e os combustibles. Moda e confección foi o que máis sufriu a caída das cifras globais de vendas de Galicia ao exterior, dada a importancia que ten no conxunto do comercio exterior galego, case a cuarta parte do total.

O segundo en relevancia, a automoción, experimenta un impacto menor neste primeiro barómetro, en amarelo no semáforo. “Cabe agardar que a situación da automoción mellore en función do levantamento das restriccións á mobilidade e a apertura das fronteiras internacionais”, apuntan, ainda que é dos que máis se ven afectados pola caída na demanda dos consumidores cando arrecia unha crise.

Ven imprescindible salientar o comportamento do sector agroalimentario, “que non soamente no se ve afectado pola crise senón que é o único sector que presenta un incremento do seu volume exportador”.

Os expertos do Foro Económico adaptan esta ferramenta de análise que é o Baexga ás inéditas circunstancias provocadas pola pandemia. Trátase de utilizar o dato acumulado de febreiro 2020 como dato 100, como cifra de referencia para a comparativa. Deste xeito poderase facer un seguimento mensual da evolución sectorial das exportacións; e poderemos determinar en qué momento cada sector volve á situación pre-covid, é dicir, cando volve á cifra 100.

Nunha perspectiva de máis curto plazo, os expertos complementan estes datos coa análise da evolución das exportacións en abril de 2020 comparándoa co mesmo mes do ano anterior que arroxa variacións moito máis pronunciadas. Os dous sectores con maior peso nas exportacións, téxtil e automoción, son os que rexistran as maiores caídas mensuais en termos interanuais: 80,3 % e 88,7 % respectivamente.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.