Galicia

Enfermeiras Eventuais en Loita critican a contratación de persoal xubilado

Califican a situación de “o mundo ao revés” ao estar persoal nas listas sen contrato en vigor // Demandan que o Sergas oferte a totalidade das prazas vacantes

  • 10 ene 2022 / 11:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Fai menos dunha semana que o Servizo Galego de Saúde (Sergas), anunciaba a incorporación de médicos xubilados aos centros de saúde dos catorce distritos das sete áreas sanitarias galegas. Foron 86 os profesionais da medicina que regresaron aos ambulatorios galego co obxectivo de reforzar a atanción sanitaria ante o déficit de persoal na loita contra a Covid-19, tras chegar á idade de retirarse laboralmente. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, indicaba que a intención do seu departamento era tamén facelo con profesionais da enfermería.

Este luns, o colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita critica duramente esta decisión, xa que “debido a incorporación de dito persoal

xubilado, moito do persoal de enfermería, que levamos loitando en primeira liña, en condicións precarias, cada día reforzando unha

unidade distinta, con cambios de quendas case a diario, sufrindo contratos por días soltos, pasaremos a ser sustituidos por ese persoal xubilado”. Engadindo que “seremos desprazados a outras unidades ou no peor dos casos, veremos rematado o noso vínculo laboral.

Explican que este parece “o mundo ao revés”, xa que mentres profesionais xa retirados laboralmente volver¡n aos ambulatorios hai enfermeiras eventuais nas listas do Sergas nas súas casas sen traballar, sen contrato en vigor, polo que o enfado é maior. “Hai xente na listaxe que non temos contrato actualmente, vendo con incredulidade como se lles oferta un vínculo de 3 meses de duración a persoal inactivo mentres nós estamos na casa á espera dunha chamada de contratación”, explican nun comunicado de prensa.

PROFESIONAIS CON CONTRATOS POR DÍAS

Así mesmo, destacan que moitas enfermeiras eventuais do Sergas “non tivemos a sorte de ter unha vinculación longa en moito tempo, sendo os nosos contratos de días soltos, ou de semanas dende fai anos. A nefasta xestión das xerencias sanitarias permite ademais que cada día se nos pida dobrar turnos e facer xornadas extraordinarias a quen estamos en quenda de traballo nese momento, contribuíndo así ao noso desgaste persoal, e mentres outros compañeiros están na casa sen traballar esperando a que se lle chame para ofrecerlles unha vinculación”.

POÑER UN PARCHE EN VEZ DE ACABAR COA PRECARIEDADE

Así as cousas, no seu comunicado fan constar a súa “disconformidade coa medida de incorporar persoal xubilado, así como denunciar públicamente a mala xestión das Xerencias e as políticas de contratacións”. E é que, explican “unha vez máis óptase por poñer un parche a unha situación insostíble que vai acabar coa saúde dos profesionais sanitarios, en lugar de arranxar a situación actual ofrecendo contratos de calidade, mellorando a precariedade e ofertando a totalidade de prazas vacantes. Medidas que sí serían eficaces para frear a fuga de profesionais, o déficit de persoal e sobre todo e o máis importante, para poder ofrecer uns coidados dignos e de calidade aos nosos pacientes.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.