Galicia

Entrega simbólica dos oitenta premios da campaña ‘Días Azuis do Comercio Galego

  • 27 oct 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. A Federación Galega de Comercio (FGC), en colaboración coa Xunta e Abanca, realizou este luns en Lugo un acto simbólico da entrega dos premios correspondentes á edición de setembro da campaña de dinamización do consumo ‘Días Azuis do Comercio Galego.

O acto contou coa presencia do delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz, e o director territorial de Abanca, Javier Soto Garrido, que acompañaron ó presidente da Federación, José María Seijas López, e ó vicepresidente, José Luis Pérez. Foi unha entrega marcada polas restriccións impostas pola pandemia da covid-19, polo que se limitou ás autoridades representativas das entidades organizadoras da campaña. As tarxetas faranse chegar ós gañadores a través das asociacións de comerciantes correspondentes.

Sorteáronse 16.200 euros en premios, repartidos en tarxetas prepago de 300 e de 150 euros para volver a mercar no comercio polo miúdo, que saíron moi repartidos polas catro provincias galegas. O listado completo dos 80 agraciados pódese consular na web www.diasazuis.com/ganadores. A quinta edición dos ‘Días Azuis do Comercio Galego’ tiveron lugar entre o 14 e o 30 de setembro, co obxectivo de dinamizar as vendas no comercio de proximidade e premiar a fidelidade dos clientes; así como recuperar a confianza do consumidor nos establecementos minoristas como lugares seguros para mercar; fins máis ca nunca oportunos dada a situación do sector derivada da crise provocada polo Covid19. A implicación na campaña foi moi alta, tanto por parte dos comerciantes como dos consumidores, acadándose máis de 100.000 participacións.

A campaña “Días Azuis do comercio galego” estivo organizada pola Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Empresa e Innovación; e contou coa colaboración de ABANCA, entidade que aportou os premios. Celebrarase unha nova edición entre o 9 e o 30 de novembro.

o Firma

Tema marcado como favorito