Galicia

Feijóo di que Galicia xa “rexorde” da “negra sombra” da pandemia na entrega das Medallas Castelao

Foron premiados o Centro Superior de Hostalaría de Galicia; a xornalista radiofónica Esther Eiros; Santiago Pemán, o “home do tempo por excelencia” de Galicia; Xoán Luís Saco Cid, quen foi até hai pouco presidente da Fundación Otero Pedrayo, e o profesor Manuel Vila López, fundador da Asociación de Integración Xitana de Lugo

  • 28 jun 2021 / 10:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que Galicia xa “rexorde” da “negra sombra” -como di o poema de Rosalía de Castro- da pandemia, un período moi longo do que o pobo galego soubo saír coa arma do “sentidiño”. No acto de entrega das Medallas Castelao 2021, dixo que “todo parece indicar” que Galicia empeza “a ver o final do túnel” e explicou que non se trata de “triunfalismo” senón só a constatación dunha recuperación. “Galicia está a erguerse” grazas aos seus valores cívicos e políticos, segundo o presidente galego, que contrastou cos doutros territorios “confinados en ilusorias independencias”, nunha velada referencia a Cataluña. Instou a fuxir destes “anacrónicos postulados” e apostar por unha “cogobernanza leal e non esporádica” e pola cooperación ante esta crise, fronte á que considerou que o Xacobeo 21-22 “simboliza o triunfo” e o “mellor antídoto” para a recuperación. A Xunta premia este ano ao Centro Superior de Hostalaría de Galicia; á xornalista radiofónica Esther Eiros; a Santiago Pemán, o “home do tempo por excelencia” de Galicia; a Xoán Luís Saco Cid, quen foi até hai pouco presidente da Fundación Otero Pedrayo; ; e ao profesor Manuel Vila López, fundador da Asociación de Integración Xitana de Lugo. A Medalla Castelao é unha condecoración de carácter civil que concede a Xunta e que recoñece a aportación profesional e persoal de personalidades ou institucioóns polo seu traballo no ámbito artístico, literario, intelectual ou en calquera campo significativo para Galicia. EFE

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.