Galicia

Galicia consolida a reactivación económica ao crecer un 5,2 % o ano pasado

O PIB real está 2,3 puntos por baixo do nivel pre-crise, pero a fenda é maior no conxunto da economía española (3,8 puntos) // Mellora o emprego feminino, mentres que medra o desemprego de longa duración

  • 31 mar 2022 / 11:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Os resultados que amosa a análise que o equipo de expertos do Foro Económico de Galicia (Fernando González Laxe, Patricio Sánchez, Santiago Lago e José Francisco Armesto) fan cada trimestre debuxa un escenario de consolidación da reactivación económica ao presentar unha medra do 5,2%, o que supón unha décima máis que a media española.

O informe sinala que o crecemento do PIB real en Galicia e España se caracteriza por unha achega positiva tanto na demanda interna como externa. Salientar a maior contribución da demanda externa no segundo semestre do ano. No cuarto trimestre, a demanda externa aporta 4,1 puntos ao crecemento agregado, fronte aos 1,8 puntos na economía española. Porén compre salientar o forte diferencial negativo na evolución do investimento, que medra en Galicia un 1,1% fronte aos

6,8% de media en España.

En canto á oferta, o sector servizos é que representa maior actividade, un 6,6% máis que no conxunto do Estado. Tamén a industria manufactureira medra un 6,1% en Galicia no último año, dúas décimas máis que España. Pola contra o sector primario contráese un 0,5% e a construcción un 2,4% respecto ao ano precedente.

O dinamismo do tecido produtivo galego segue a ser inferior á media do Estado. Cómpre insistir na menor produtividade do sector manufactureiro en relación ao conxunto do Estado.

No que atinxe ao mercado de traballo, o informe dos expertos do Foro salienta un bo comportamento interanual tanto no caso dos homes como das mulleres. Pero a mellora nas cifras da ocupación deben ser matizadas xa que Galicia mantense entre as CC.AA. con menores taxas de actividade e ocupación.

Os datos da EPA reflicten que a creación de emprego rexistra maior intensidade no caso das mulleres que dos homes. Incrementase o emprego en persoas con estudos superiores, no sector servizos, asalariados e empresarios con asalariados, e en persoas maiores de 45 anos.

No que atinxe ao desemprego o informe salienta que o principal aspecto negativo é o forte incremento do desemprego de longa duración. Os menores de 25 anos, estranxeiros e persoas con estudos primarios son os colectivos que máis dificultades atopan para conseguir emprego.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.