Galicia

González Arias asume o cargo de xefe da Zona de Galicia da Garda Civil

  • 22 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Coruña. O lucense Miguel Ángel González Arias foi designado coma novo xefe da 15ª Zona da Garda Civil de Galicia, logo de ser ascendido a xeneral de brigada o pasado mes de xuño a proposta do Ministerio de Defensa. Miguel Ángel González Arias, nado en Lugo no 1964, estivo destinado nos servizos de información da Garda Civil no País Vasco e en Madrid durante os anos máis difíciles da banda terrorista ETA. Xa en Galicia, desenvolveu diferentes postos nas comandancias de Lugo e A Coruña, ata que en 2013foi nomeado xefe da Comandancia lucense, primeiro como tenente coronel e, xa como comandante, dende o ano 2016. González Arias substitúe ao antigo responsable da Zona, o xeneral Luis Francisco Rodríguez, que deixou o mando en outubro logo de cumprir a idade regulamentaria para pasar á reserva. ECG

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.