Galicia

Historia cumple cen anos na USC reivindicando o seu papel defendendo a Galicia

  • 25 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. Baixo o lema Estudos de Historia na Universidade de Santiago: da fundación á internacionalización (1923-1973), a USC conmemora neste ano académico 2022-2023 o centenario dos estudos de Historia. O calendario de actos botou a andar este xoves, no Paraninfo da Universidade na Facultade de Xeografía e Historia, cun acto institucional presidido polo reitor Antonio López e que serve de punto de partida para dúas xornadas de actividades conmemorativas. Ás accións que integran este primeiro encontro, engadiráselle un segundo que se desenvolverá no mes de marzo.

Ademais do reitor interviñeron Marco Garcia Quintela, decano da Facultade de Xeografía e Historia; o profesor emérito Ramón Villares, coordinador do centenario; Rosario Alvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega ; e Román Rodriguez, conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades .

O profesor Villares foi o encargado de pronunciar o discurso de conmemoración académica Os primeiros pasos dunha facultade (1923-1936). O acto foi amenizado con diferentes momentos musicais por conta de Pablo Carpintero e Rosa Sánchez.

O reitor identificou estes estudos como herdeiros dun pasado amplo da USC e dun patrimonio construído colectivamente, pero que non deixa de coidar o presente e mirar cara o futuro, como poñen de manifesto a súa “participación exemplar” nos procesos de captación de recursos humanos ou a súa capacidade de adaptación para atender dende os planos de estudos as esixencias actuais.

Tamén o conselleiro Román Rodríguez subliñou a relevancia deste estudos ao afirmar que “a historia de Galicia non sería o mesmo sen esta Facultade”. O coñecemento xerado ao redor da Historia “fainos máis libres e críticos” e “favorece o debate na diversidade”. Nun “momento cambiante”, de “tempos convulsos e complexos”, na súa opinión é “non seremos unha sociedade avanzada e libre” sen o desenvolvemento desta disciplina do coñecemento.

Pola súa banda, Rosario Álvarez e Ramón Villares aludiron ao desenvolvemento destes estudos no período agora conmemorado, reivindicando, tal e como sinalou Villares, que “temos a obriga de mirar cara ao futuro dende o que somos e o que quixemos ser”. A presidenta do CCG sinalou tamén que este acto permite homenaxear e facer xustiza a todos os historiadores e historiadoras que desenvolveron esta disciplina.

Pola súa banda, o decano da Facultade enumerou algúns das liñas de traballo que o centro afronta ao longo de todo o curso 22/23, na súa maioría orientados a adaptar os estudos ás demandas máis recentes e a fortalecer a imaxe do centro. r.m.a.

Tema marcado como favorito