Galicia

Localizado nunha praia de Ares o cadáver dun veciño de 52 anos desaparecido desde o luns

O corpo será trasladado ao Hospital Naval de Ferrol para poder practicarlle a autopsia

  • 24 feb 2021 / 12:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O veciño de Ares (A Coruña) de 52 anos que estaba en paradoiro descoñecido desde o pasado luns, 22 de febreiro, foi localizado sen vida sobre as 11,00 horas de mércores, día 24, no areal de Centeas, unha pequena cala situada neste mesmo municipio.

Segundo trasladaron fontes consultadas por Europa Press, o corpo do home estaba situado na zona da beira e de inmediato foi retirado terra adentro para evitar que puidese ser arrastrado pola corrente.

Está previsto que o cadáver sexa trasladado ao Hospial Naval de Ferrol para poder practicarlle a autopsia, sinalaron as mesmas fontes.

Durante as últimas horas desenvolveuse un dispositivo de procura no que participaron axentes da Garda Civil, Policía Local de Ares, Protección Civil de Ares, unidades de Cans de Salvamento de Galicia (Casaga), ademais de familiares e amigos, que se despregaron polas distintas parroquias de Ares, incluída a zona de costa, chegando mesmo ao municipio limítrofes de Cabanas, Fene e Mugardos.

FERROL. EUROPA PRESS

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.