Nas UCIs galegas mozos de 22, 25 e 32 anos

Adiántase unha semana a inoculación da segunda dose de AstraZeneca nos maiores de 60 anos que a teñen que recibir en breve.

16 jun 2021 / 11:25
Este es la plantilla de ECG
12:33 h.

Non se mesturan vacinas no mesmo recinto e no mesmo día

    García Comesaña explica que se ben o grupo de 40 a 49 anos está a ser inoculado indistintamente con Janssen, Pfizer e Moderna, "non se mesturan vacinas no mesmo día e no mesmo recinto". A única excepción foi coa segunda dose dos maiores de 60 vacinados con AstraZeneca, xa que poden elixir. 

    Tamén confirma o conselleiro que, á marxe deste grupo, hai persoas que rexeitan a vacina por non poder elixir unha concreta.

    Este es la plantilla de ECG
    12:30 h.

    A vacinación dos menores de 40, en xullo

      O conselleiro de Sanidade explica que se todo vai ben, a vacinación dos menores de 40 anos podería comezar a principios de xullo.

      Este es la plantilla de ECG
      12:30 h.

      Non hai transmisión comunitaria da variante india

        A preguntas dos xornalistas, García Comesaña confirma que a día de hoxe "non hai en Galicia transmisión comunitaria da variante india, afortunadamente".

        Este es la plantilla de ECG
        12:20 h.

        Vacinación dos adolescentes

          O conselleiro de Sanidade cre que "se todo segue como nestes momentos", ao inicio do curso unha parte importante do alumnado de 12 a 17 anos podería estar xa no proceso da vacinación.

          Este es la plantilla de ECG
          12:14 h.

          Uso da máscara no exterior

            Reitera o conselleiro que a Xunta segue a estar a favor de quitar a máscara no exterior, se ben están a analizar en que lugares do exterior sería factible para elaborar unha proposta.

            Este es la plantilla de ECG
            12:12 h.

            A autocitación podería ser unha realidade en xullo

              O conselleiro admite que na Xunta "estamos cómodos con este proceso de citación, imos chamarlle forzada, para a vacinación. Ese formato é bo porque dinamiza o proceso, pero tamén queremos ser sensibles a situacións puntuais de persoas que teñen que viaxar por cuestións por exemplo de carácter educativo, e precisan modificar a data". Baralla Sanidade abrir unha ventana á autocitación no caso das persoas de menos de 39 anos. Podería ser unha realidade en xullo.

              Este es la plantilla de ECG
              12:07 h.

              Bos datos da vacinación

                Confirma o conselleiro que xa recibiron unha dose da vacina máis do 96% dos galegos de máis de 50 anos, e o 65% ten a pauta completa.

                Este es la plantilla de ECG
                12:06 h.

                Adiántase unha semana a segunda dose de AstraZeneca

                  Julio García Comesaña confirma que se vai adiantar a vacinación unha semana (da doce á once) no caso das persoas de máis de 60 anos que foron vacinadas coa primeira dose de AstraZeneca e que teñen que recibir en breve a segunda. Son unhas 40000 persoas. 

                  Este es la plantilla de ECG
                  12:04 h.

                  950.000 galegos coa pauta completa

                    O conselleiro de Sanidade detalla que foron postas en Galicia preto de 2,3 millóns de vacinas contra a COVID, e que hai 950.000 galegos coa pauta completa. Esta semana vanse administrar 150.000 vacinas. Ademais volveron ser citadas 11.000 persoas que quedaran sen vacinar.

                    Este es la plantilla de ECG
                    12:01 h.

                    Chamamento á prudencia do doutor Rascado

                      "Prudencia e vacinas vannos sacar desta situación, agardamos que en pouco tempo". Así o sinalou o doutor Pedro Rascado, que incidiu na necesidade de seguir sendo prudentes. A vacinación, apuntou, está permitindo que os hospitais estean nunha mellor situación, "se ben persiste o risco individual de que poidamos enfermar".

                      Este es la plantilla de ECG
                      11:51 h.

                      Identificados en Galicia 23 casos da variante india

                        En Galicia, 0 91% dos casos confirmados son da variante británica. Hai además 36 casos confirmados da variante sudafricana, 93 da brasileña, 3 da nixeriana, 11 de Nova York e 6 da colombiana. Ademais foron identificados 23 casos da variante india, concretamente da variante delta.

                        Este es la plantilla de ECG
                        11:48 h.

                        A Coruña, á cabeza da incidencia, e Santiago, á cola

                          A directora xeral de Saúde Pública destaca que, por áreas sanitarias, a que rexistra unha maior incidencia é a da Coruña, cunha incidencia de 34,49 a 7 días e de 60,9 a 14. A área de Santiago está no polo oposto, cunha incidencia de 7,61 a 7 días e de 23,51 a 14. Por concellos, o da Coruña é o que ten unha maior incidencia, xa que paso de 29,9 a 40,4  en 7 días, e de 47,3 a 70,3 en 14 días. O positivo, no caso da Coruña, é que a taxa de positividade está por debaixo do 5%.

                          No caso de Santiago, a incidencia caeu substancialmente, e pasou de 20 a 7 casos en 7 días, e de 46 a 27 en 14.

                          Este es la plantilla de ECG
                          11:48 h.

                          Cribados nas farmacias

                            Carmen Durán destaca a efectividade das probas de detección feitas nas farmacias. Onte se levaban recepcionadas 98.636 muestras nas oficinas de farmacia, cun saldo de 267 positivos.

                             

                            Este es la plantilla de ECG
                            11:45 h.

                            A situación epidemiolóxica é estable

                              Carmen Durán, directora xeral de Saúde Pública, explica que a situación epidemiolóxica é estable, descendente. O número reproductivo instantáneo está en 0,93 en Galicia. É un bo dato, sinala, porque supón unha diminución na transmisión da enfermidade. O 53% dos concellos non notificaron casos en 14 días, e o 66% nos últimos 7 días. A incidencia acumulada en Galicia é de 20 a 7 días, un 5% menos que hai unha semana, e de 41 a 14 días, un 22% menos. A taxa de positividade está entre o 1,7 e 2. Do 4 ao 10 de xuño fixéronse máis de 39.000 probas, moi por encima da media española.

                              Este es la plantilla de ECG
                              11:40 h.

                              Na UCI mozos de 22, 25 e 32 anos

                                O conselleiro fai un chamamento especial á xente máis xoven para seguir respectando as normas e acudir á cita para a vacinación. A medida que vai baixando a idade dos citados, di, hai unha porcentaxe máis elevada de ausencias. Confirma que a día de hoxe hai nas unidades de coidados críticos de Galicia tres mozos de 22, 25 e 32 anos

                                Este es la plantilla de ECG
                                11:38 h.

                                A normalidade, "cada vez máis cerca"

                                  A normalidade "parece que cada vez está máis cerca". O conselleiro explica que a vindeira semana o presidente Alberto Núñez Feijóo presentará o documento polo que se van rexer as novas normas en Galicia.

                                  Este es la plantilla de ECG
                                  11:36 h.

                                  Ningún falecido por COVID desde o día 11

                                    O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, confirma que non hai que lamentar ningún falecido por COVID en Galicia desde o pasado día 11 de xuño.

                                    TEMAS
                                    Tema marcado como favorito
                                    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.