Galicia

O BNG pide unha subida das pensións mínimas que as equipare ao SMI

  • 26 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Recortes. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclama ao Goberno do Estado facer políticas “fiscais e sociais verdadeiramente de esquerdas e subir as pensións mínimas até equiparalas co SMI” e alerta de que o Plan de ‘reforma’ das pensións, aprobado polo Consello de Ministros, “non só non reverte, senón que consolida os aspectos máis lesivos e regresivos das reformas de 2011 e 2013”. Reclama ao Goberno do Estado aplicar medidas como a creación de emprego, políticas públicas que favorezan a inclusión da mocidade no mercado laboral e combater a evasión, a fraude e os paraísos fiscais. Rego alerta das consecuencias negativas do chamado ‘factor de equidade xeracional’, que virá substituír o factor de sustentabilidade e que terá efectos similares. O deputado nacionalista lembrou que o BNG non apoiou as recomendacións do Pacto de Toledo nin o acordo de 1 de xullo e, por tanto, tampouco o Proxecto de Lei aprobado polo Consello de Ministros, consolidando particularmente o aumento da idade de xubilación a 67 anos; o aumento do cómputo de 15 a 25 anos, coa caída na contía das pensións do 25%; ou manter a penalización da xubilación anticipada que demorará a inclusión da mocidade no mercado laboral. ECG

Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.