Galicia

O concurso de méritos no ensino contará con máis de mil prazas

Educación espera reducir a taxa de interinidade nun 2% con este proceso de estabilización docente // Publicarase no DOG ao longo dos vindeiros meses

  • 28 sep 2022 / 21:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O sistema educativo galego comezará nos vindeiros meses un proceso de estabilización docente, no que serán convocadas 1.156 prazas en 148 especialidades, tal e como vén de informar a Xunta nun comunicado.

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, informou onte de que a Xunta remitiu aos sindicatos que conforman a mesa secorial docente a proposta de prazas por especialidades da convocatoria de concurso de méritos, organizada pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Segundo explica a administración autonómica, a distribución destas 1.156 prazas “cumpre cos requirimentos establecidos polo Goberno central” e ten por obxectivo “estabilizar ao profesorado” baixo os preceptos da lei de medidas urxentes para la redución da temporalidade no emprego público.

Taxa de interinidade. Do mesmo xieto, informan dende a Xunta que a convocatoria desde concurso de méritos “dá resposta á obriga imposta polo Goberno central a través do Real Decreto que modifica de xeito transitorio o sistema de oposicións para acadar unha taxa de interinidade do 8%”. Neste senso, puntualizan que se trata dunha cifra que a comunidade galega xa ten acadado “e que contrasta coa media do 25% que se estima de media para o conxunto das comunidades autónomas”.

De feito, tal e como explicou o director xeral Jesús Álvarez, “a previsión é que o sistema educativo galego acade unha interinidade de aproximadamente o 6%”.Unha meta prevista para cando remate o devandito proceso de estabilización, “que se compón de case 4.000 prazas”, segundo especifican dende a Xunat, “entre as oposicións desenvolvidas durante o pasado verán, este concurso de méritos e o concurso-oposición polo sistema transitorio que se realizará no verán de 2023”.

Profesores técnicos de FP. Do total de prazas, hai 147 relativas ao extinto corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional que, segundo informan dende a Xunta, “non se poderán convocar ata que o Ministerio de Educación publique a norma de desenvolvemento da nova lei de FP no relativo ao novo corpo” e ás especialidades que se integran no corpo docente de ensino secundario”.

Segundo avanzan dende o executivo autonómico, o vindeiro luns celebrarase unha mesa sectorial para pechar o proceso, que xa foi obxecto de negociación a longo dos últimos meses. O seguinte paso e co que se abrirá definitivamente o concurso, será a súa publicación no DOG.

Proposta
1.156 postos 148 especialidades

O corpo de mestres conta con 333 prazas repartidas entre 8 especialidades, mentres que, pola súa banda, o corpo de profesores de Ensino Secundario, que é o que máis prazas ten convocadas, dispón de 492 vacantes e 41 especialidades.

Pola súa banda, o corpo de Escolas Oficiais de Idiomas dispón de 63 prazas e 10 especialidades para esta convocatoria.

Para catedráticos de Música e Artes Plásticas hai tantas vacantes como especialidades, 9; e para profesores de Música e Artes Plásticas, 78 vacantes e 37 Pola súa banda, para profesores de Artes Plásticas e Deseño, hai 26 prazas convocadas para 13 especialidades; e para mestres de talles de Artes Plásticas e Deseño, 8 para 5 especialidades.

Finalmente, para o extinto corpo de profesores de FP hai 147 prazas para 25 especialidades, aínda que non se poderán convocar ata a publicación da nova norma.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.