Galicia

O curso pasado rematou en Galicia cunha suba do 10% dos titulados de ESO e do 15% dos de Bacharelato

A Xunta vincula o aumento á flexibilización de criterios, pero está “totalmente en contra” de manter esta medida

  • 12 feb 2021 / 11:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O curso escolar 2019/20, finalizado telematicamente e con criterios máis laxos debido ao confinamento de primavera, provocou unha subida dos titulados en Galicia con respecto ao curso 2018/19.

En concreto, de acordo con datos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta, o 95% do alumnado de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) conseguiu o título, o que implica un crecemento do 9,8% sobre o ano anterior. Mentres tanto, en 2º de Bacharelato a porcentaxe de aprobados no curso 2019/20 aumentou até o 85%, un 14,8% máis.

Sobre as variacións á alza nas titulacións, a Consellería advirte que "non son representativas", xa que "tiveron lugar nun curso escolar" marcado pola pandemia e finalizado telematicamente, o que fixo que "se tomasen medidas tamén excepcionais".

Entre estas, o departamento educativo da Xunta lembra que houbo unha instrución do Goberno do Estado, "de acordo coas comunidades autónomas", para "flexibilizar ao máximo as esixencias de promoción e titulación" cunha avaliación "sempre en beneficio" do estudante.

De feito, a Consellería lembra que nas probas de acceso á universidade --a ABAU ou Selectividade-- tamén houbo "mellores cualificacións" xunto a un aumento significativo, do 26%, nos alumnos que as fixeron.

"EN CONTRA" DE MANTER O CRITERIO

No entanto, aínda que a Xunta "entende" que no seu momento se redactase esta orde ministerial, móstrase "totalmente en contra" de que estes criterios, deseñados para un contexto de pandemia, "se sigan aplicando agora como pretende o Goberno do Estado".

"Desde Galicia rexeitamos de plano o decreto do aprobado xeral do Ministerio para este curso de forma unilateral polo Goberno central --aprobado no Congreso o pasado outubro-- e que permite titular con independencia do número de suspensos", critica a Consellería.

Por iso, Educación lembra que pola súa banda deseñou unhas instrucións específicas para aplicar este decreto pero "mantendo os criterios": en Bacharelato débese aprobar todo e na ESO pódese suspender dúas en setembro, pero "dependendo da materia".

SANTIAGO. EUROPA PRESS

TEMAS
Tema marcado como favorito
ESO
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.