Galicia

O Xeoparque Montañas do Courel opta a un plan de sostibilidade estatal

  • 20 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

PROXECTO. Os catro elementos, Terra, Auga, Aire e Lume son as liñas de actuación nas que se fundamenta a

estratexia do Xeoparque Mundial Montañas do Courel para optar a un Plan de Sostibilidad Turística que promove a Secretaría de Estado de Turismo. O proxecto foi presentado onte no Concello lucense de Ribas de Sil, donde o presidente do Xeoparque, Roberto Castro, destacou o feito de que con este plan preténdese consolidar e potenciar as Montañas do Courel como un destino turístico Sostible que, pola singularidade e exclusividade en Galicia, así como polos numerosos recursos que atesoura, “merece que por

primeira vez reciba un apoio económico, único, centralizado e concentrado nun curto prazo de tempo que posibilite dar ese impulso que se precisa”, asegurou. Entre as bazas que xogan ó seu favor para lograr ese apoio do Estado, destca que o 53 % do seu territorio está incluido na Rede Natura 2000. Ademáis, á marxe do respaldo da Unesco, suma unha rede de 20 miradoiros, 156 kilómetros de sendeiros homologados, 15 barrancos, 25 covas, entre elas a máis profunda da comunidade, 230 xacementos arqueolóxicos, 57 lugares de interese xeolóxico e un monumento natural (plegamento de Campodola), entre outros. P.LEMOS

Tema marcado como favorito