Galicia

Os ‘días azuis’ volven de novo ao comercio galego

  • 15 sep 2020 / 20:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

CAMPAÑA. O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; xunto coa directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez; e o director de Red

Comercial de Abanca, Gabriel González, presentaron onte a quinta edición da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”. Trátase da edición de setembro desta iniciativa, que contará este ano con outra convocatoria no mes de novembro. Deste xeito, os organizadores queren potenciar e estimular o comercio de proximidade da comunidade, así como reforzar a posta en valor do importante papel económico e social do sector, nun momento complicado pola situación derivada da pandemia. A edición de setembro 2020 de Días Azuis desenvolverase entre o 14 e o 30 de setembro, coa colaboración dos establecementos de máis de 100 asociacións. Durante estas datas, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 16.200 euros, repartidos nun total de 80 tarxetas prepago regalo, de 300 e de 150 euros. Participar é tan sinxelo como rexistrar a compra na páxina da campaña www.diasazuis.com ou solicitar ó comerciante que faga o rexistro. A campaña “Días Azuis do comercio galego” está organizada pola Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía. ECG

Tema marcado como favorito