Galicia

Os restos da simboloxía falanxista: A Cruz de Celanova

A retirada da peza da vila ourensá está preto de ser unha realidade

  • 29 mar 2021 / 11:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Como consecuencia do rexime falanxista que se viviu en España entre 1939-75, a día de hoxe ainda hai vixentes simboloxías que fan referencia a dito período. Falamos con Leopoldo Rodríguez Puga (voceiro do BNG de Celanova), xa que nesta pequena vila ourensá rexistrouse a petición para quitar a Cruz Franquista presente no Monte da Obra.

“Como movemento político, xa leváramos a iniciativa cando estaba gobernando o Partido Popular, de feito o alcalde do momento atendeu algunhas das nosas peticións, como por exemplo as de quitar emblemas que había nalgunha das escolas unitarias do rural, que era o escudo preconstitucional, e tamén lle pedimos que aplicase a Lei de Memoria Histórica para quitar a Cruz. Esta última petición pasou máis desaprecibida, non nos fixo caso. A día de hoxe, nós seguimos a facer a petición, como é agora no caso deste novo grupo de goberno, que para que pudiéramos apoialo puxemos como condición (entre moitas outras) a de aplicación da Lei de Memoria Histórica, e concretamente a retirada da Cruz do Monte da Obra, que é un símbolo que representa claramente o Falanxismo, cando o batallón de Marrocos levantou a Cruz”, di o voceiro.

Ademais, aclara que é absolutamente necesario advertir da simboloxía que trae consigo a Cruz, xa que “moita xente dalgunhas xeracións xa consideran que eso é unha Cruz máis, que non ten simboloxía. O que é máis, alí téñense feito celebracións en forma de merendas, celebración de festividades ó aire libre, pero a xente non sabe o que comporta a simboloxía, e en realidade cremos que a información é imprescindible e necesaria para que se saiba porqué está esa Cruz aí, e porqué está esa inscripción, onde se fala de defender ou homenaxear a un grupo de xente, de onde se exclue a outra que foi represaliada e que non se siente identificada con eso nin moito menos, e os familiares tampouco”.

Asemade, comenta que “en principio, xa se tardou en aprobar a Lei de Memoria Histórica”, que é de 2007, “o que debería era que terse aplicado antes, e se de verdade queremos estar nun sistema democrático, temos que aceptar a realidade de que ainda hai simboloxía franquista, como o caso da Cruz, onde hoxe en día sería impensable nalgúns dos países europeos do noso entorno. Porén, en España houbo permisividade con esto, de feito séguea habendo a nivel popular, consideramos que a xente ten pouca conciencia ou sensibilidade, non toda, pero si unha parte de xente considera que non pasa nada, e non é certo, si que pasa. Despois hai outro sector da poboación que si que manifesta que eso tíñase que ter quitado porque representa unha represión, representa o Franquismo, e por unhas razóns ou outras foi algo que se foi tapando, foiselle dando un viso de permisividade, e o trasfondo desta simboloxía tiñase que ter superado como sistema democrático que somos”.

Sobre se a xente da vila se sentiría máis aliviada coa retirada da Cruz, o voceiro explica que “non sei se é cuestión de alivio, pero si que penso que o espírtu democrático que deberíamos ter todos pasaría por normalizar que eso fose un sitio donde todo o mundo se puidese sentir cómodo, e que teña a toponimia que lle corresponde, que é o Monte da Obra e non o Monte da Cruz, porque así ao final representa soamente a esa bandeira de Marrocos, liderada por un tal Coronel Rios Capape, que estivo en Celanova durante unha tempada, e o que fixo foi represaliar a aquelas persoas que non eran do bando sublevado. Consta que nos seus últimos días de estancia aquí levaron a cabo fusilamentos, e polo que se sabe, a finais de septembro do 1939, foi cando deixaron o reguero de sangue de polo menos 8 mortos, que estean documentados”.

Sobre se se poría outro elemento no seu lugar, anota que “persoalmente, considero que se debería por un elemento significativo que englobase a toda a cidadanía, que todos se sentisen cómodos alí, tamén é algo que se debería consensuar entre todos os grupos políticos, e incluso coa sociedade, pero o que sí que é certo é que ese emblema non representa a cidadanía, e faría falta algo que fose xeral, e que se chegase realmente a unha situación democrática de verdade”.

Por outra banda, hai asociacións como a Asociación Española de Abogados Cristianos que propuxeron unha petición para que non se retirase dita Cruz, cun claro destinatario, o alcalde da vila. Entre os seus argumentos, presentes na súa página web, para a non retirada deste símbolo falanxista, din cousas como que “a cruz é un símbolo cristián, e derribala sería un acto totalitarío contra a liberdade relixiosa”. Polo tanto, o que é un símbolo de represión, outros enténdeno coma un mero símbolo cristián, que “non ten molestado a ninguén en máis de 80 anos...” .

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.