Galicia

Os socialistas da Coruña destacan “os 415 millóns de euros de investimento na provincia” nos orzamentos xerais

Os orzamentos aprobáronse onte no Congreso e continúan o seu trámite parlamentario no senado // 100 euros máis por habitante que a media estatal

  • 28 nov 2021 / 15:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Os Orzamentos Xerais do Estado para 2022, unhas contas cun “claro compoñente social”, recollen un investimento real na provincia da Coruña de 415,31 millóns de euros, o que supón máis de 370 euros por habitante (media nacional de 270 euros).

Os deputados da provincia no Congreso dos Deputados, Natividad González Laso, Montserrat García Chavarría e Diego Taibo, así como o senador Manuel Mirás, destacan “o incremento das partidas para protección social e dependencia, así como o investimento na mellora de infraestruturas estratéxicas e en sectores como o naval de Ferrol”.

“A aposta do goberno de Pedro Sánchez por A Coruña e Galicia é moi forte, polo que demandamos á Xunta de Galicia o mesmo esforzo inversor”, apuntan os deputados socialistas.

Os orzamentos aprobáronse onte no Congreso e continúan o seu trámite parlamentario no senado. Son as contas máis sociais da historia e contribuirán a consolidar a recuperación económica e social en Galicia, cun investimento un 22% superior á media do Estado (quinta comunidade que máis fondos recibe).

En concreto, dos máis de 415 millóns de euros de investimentos reais na provincia da Coruña, 212 millóns serán para a mellora de infraestruturas estratéxicas por parte do Ministerio de Mobilidade.

Neste apartado, destacan os case 60 millóns para a A-54 (tramo Melide-Palas de Rei e tramo Melide-Arzúa); 15,81 millóns para o Corredor Noroeste RAM Ferrol-Vegadeo, e nove millóns de euros para o enlace Orbital en Santiago de Compostela (conexión A-54 coa AP-9).

Os orzamentos incluén unha partida de 61,78 millóns de euros para toda Galicia en actuacións de conservación e mellora de estradas e 15 millóns para seguridade viaria. Unha terceira parte das mesmas se destinará á rede da provincia da Coruña.

A provincia beneficiarase tamén dos 103,1 milóns de euros de investimento de ADIF para impulsar a Alta Velocidade (AVE) en Galicia, en parte nos tramos que unen A Coruña e Santiago con Ourense e a Meseta.

Ademais, destinanse 54,9 millóns de euros á bonificación da peaxe na autoestrada AP-9 Ferrol-Frontera Portuguesa, mentres que Portos do Estado prevé investimentos de 32,56 millóns de euros para o Porto de A Coruña e 31,80 millóns de euros para o Puerto de Ferrol.

Por outra parte, os orzamentos recollen unha clara aposta pola recuperación industrial e laboral da provincia, con 129 milllóns de euros para o programa das Fragatas-110 e 51 millóns para a construción do tan necesario taller de sub-bloques en Navantia Ferrol.

Á marxe destes investimentos, chegarán 111 millóns de euros do Ministerio de Transición Ecolóxica para a reindustrialización e reactivación económica de Cerceda e As Pontes.

Por último, os orzamentos inclúen case 15 millónes de euros para a rexeneración da ría do Burgo, un proxecto ao que a Xunta non destina nin un só euro; 3,76 millóns de euros para a nova Estación Depuradora de Augas Residuais en Compostela, e 4,55 millóns de euros para o Consorcio Cidade de Santiago de Compostela.

A Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios fará un novo Centro de Inserción Social na Coruña cun investimento de 2,97 millóns de euros.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.