Galicia

Os socialistas lamentan que a Xunta esté a facer seguidismo de Madrid

Denuncian que vaia
a beneficiar só a un 0,02% da poboación, aos “ricos e amigos”

  • 24 sep 2022 / 20:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. O Partido Socialista denuncia a rebaixa do imposto de patrimonio, que beneficia só ao 0,02% da poboación, “aos máis ricos, aos amigos”. Así o condneu onte o vicevoceiro parlamentario, Julio Torrado, que sinalou que Rueda é “un soldado do PP” e non o líder que precisa Galicia por facer “seguidismo” de Feijóo e Ayuso.

Tendo en conta que a rebaixa fiscal adoptada vén despois das de Andalucia e Murcia, e que xa leva tempo instaurada en Madrid, Torrado entende que Rueda non fai máis que aplicar as políticas que lle marcan dende o seu partido, e puxo en dúbida a idoneidade dunha rebaixa aos que teñen un patrimonio superior a 1 millón de euros nun “momento de dificultades económicas a nivel global”, que tamén afecta á comunidade galega.

O tamén voceiro de sanidade no Parlamento de Galicia, considera que Galicia precisa agora mesmo “políticas decididas en defensa dos sectores produtivos e dos servizos públicos” nos que se están vendo “constantes carencias” en Galicia, non só no ámbito sanitario, senón “tamén na educación”, cun inicio de curso con menor número de docentes e con problemas denunciados cada semana no transporte escolar.

Con isto en mente, fixo alusión a unha serie de propostas presentadas hai uns días para mellorar o servicio sanitario que poderían levarse a cabo con eses cartos que o ente público galego vai a deixar de recibir. Neste senso, quiso salientar que o presidente da Xunta non fai nada máis que “o que sempre fixo o PP”, isto é facer políticas “para os ricos, para os amigos”, co agravante engadido de ser “o último da cola” do PP español. Sinalou que está a poñer diante “os intereses electorais do PP” dos intereses de Galicia, exemplificando coa “inacción” de Rueda ante o problema do veto europeo á pesca de arrastre, sobre o cal aínda non fixo nada.

Deste xeito, emprazou a Rueda a solucionar os problemas dos servizos públicos empregando como ferramenta unha “política fiscal propia para Galicia”, baseada nos principios de “xustiza e progresividade” e non unha que estea “marcada dende Madrid”. Seguindo a crítica á falta de liderado do presidente da Xunta e do PP galego, xa que considera que está “pregado ao que lle marcan dende fóra” e actualmente non está a ser un líder para Galicia, senón “un cheerleader” de Feijóo e as demais “baronías” do seu partido. E. nieto

Tema marcado como favorito