Galicia

Pedro Puy: “Os orzamentos da Xunta axudarán a paliar a perda de poder adquisitivo das familias”

  • 20 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

COMPARECENCIA. Pedro Puy salientou que os orzamentos da Xunta para 2023, que hoxe serán aprobados polo Pleno do Parlamento galego, “contribuirán a facer que na situación actual, na que o máis significativo é a perda de poder adquisitivo que xera a inflación, a cidadanía teña un maior apoio por parte do sector público autonómico”. Pedro Puy lembrou que “estamos ante os orzamentos da Xunta máis altos da historia: 12.620 millóns de euros, dos que 9.300 millóns se centran en gasto social, 700 millóns máis que no 2022”. En concreto, destinaranse 4.967 millóns de euros á sanidade pública, 2.795 millóns ao ensino público, 1.164 millóns a políticas sociais, e 443 para o emprego. Desta forma, tres de cada catro euros do orzamento para 2023 irán destinados a sanidade, educación, políticas sociais e emprego.

Ademais deste importante atención social, o portavoz popular destacou as rebaixas fiscais que incorporan estes orzamentos da Xunta, uns beneficios que cos que os galegos se aforrarán cerca de 600 millóns de euros. Así, está previsto que se deflacte o imposto sobre a renda, con carácter retroactivo a 1 de xaneiro de 2022, nos tres primeiros tramos do IRPF, co que se beneficia a todos os contribuíntes e de maneira especial ás rendas medias e baixas. Tamén se rebaixará, por cuarta vez en nove anos, o IRPF pasando de 9,4 ao 9 por cento o tramo autonómico máis baixo para as rendas máis modestas.

Por outra banda, tamén se equiparan a efectos fiscais as familias con dous fillos ás familias numerosas cunha dedución de 250 euros no IRPF, e duplícase a dedución para as familias de tres fillos para beneficiar a máis de 187.000 familias. A partir de tres fillos, increméntase a dedución en 250 euros adicionais por cada fillo a maiores. “En definitiva, estamos diante duns orzamentos que están destinados a beneficiar ás familias de menor renda e con maiores problemas”. r.m.a.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.