Galicia

Premiado pola USC un proxecto sobre o ‘caso Wannikhof’

de xénero de Cristina Alonso e Beatriz Busto

  • 22 sep 2022 / 21:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Os alumnos de terceiro curso de Dereito Procesal que impart na USC Cristina Alonso Salgado abordaron “cos ollos anegados de xustiza” o caso Wannikhof e entenderon, según explicou a profesora, “que hai persoas que atravesan as leis pero que tamén hai leis que atravesan as persoas”. O caso Wannikhof, un dos exemplos do que agora se coñece como ‘pena de telexornal’ e no que erróneamente a betanceira Dolores Vázquez Mosquera foi declarada por un xurado popular culpable do asasinato en 1999 de Rocío Wanninkhof en Mijas, centra o proxecto polo que Cristina Alonso recibiu onte, na modalidade de docencia, o primeiro dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Universidade de Santiago. O proxecto desenvolveuse baixo o título Perspectiva de xénero e sistema de (in)xustiza penal: unha ollada crítica a través do caso Wannikhof’.

Na modalidade de investigación, levou tamén un primer premio Beatriz Busto Miramontes, que estudou ‘O inicio da (re)presentación feminina no folclore galego: Pandereteiras de Mens’. A investigación demostra, expuso Busto Miramontes, que “as mulleres da nosa tradición oral non son só tocadoras e cantadoras, senón tamén, poetisas, creadoras, parte do proceso de composición”.

Na modalidade de docencia o segundo premio foi para a profesora Rocío García Pedreira pola súa experiencia ‘Medidas e actividades para a inclusión da perspectiva de xénero na docencia de materias de literatura do Grao en Educación Infantil; mentres que o terceiro galardón distinguiu o traballo ‘Tecnoloxía educativa con lentes violetas’ de Uxía Fernández Regueira, Adriana Gewerc e Ángela González-Villa.

O segundo premio en investigación foi outorgado ao traballo ‘Científicas fronte ao coronavirus en Wikipedia’ de Encina Calvo Iglesias; mentres que o terceiro concedeuse ás profesoras Alba Alonso Álvarez e Julia Espinosa Fajardo por un traballo sobre igualdade de xénero e auxeda dereita radical populista.

Dada a cantidade de propostas recibidas, o xurado decidiu facer dúas mencións especiais, sen dotación económica, aos traballos do equipo de Emilia Vázquez Rozas, pola súa investigación ‘Estudo sobre senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia’ e a ‘Movendo os marcos do patriarcado. O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán’ de María López Sández e Marilar Aleixandre.

O acto de entrega dos premios estivo presidido polo reitor Antonio López, quen subliñou a necesidade de seguir loitando a prol da igualdade xa que isto é algo “transversal e que nos incumbe a todos”. Tamén interveu a delegada do reitor para a Igualdade, Marta Pérez Pereiro, quen antes de dar lectura á acta do xurado, destacou a relevancia da colaboración entre institucións que traballen “conxuntamente nunha loita urxente”, dixo. Na mesma liña, pronunciouse a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella.

Tema marcado como favorito