Galicia

Trece millóns en proxectos novos que dinamicen o agro galego

  • 14 may 2021 / 20:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

convocatoria. O conselleiro do Medio Rural, José González, lembrou que está aberto o prazo –ata o vindeiro 3 de xuño– para que os interesados en poder beneficiarse das axudas Leader presenten os seus proxectos ao correspondente GDR. Esta nova convocatoria conta cun orzamento de 13 millóns de euros para os anos 2021 e 2022, un presuposto que está cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 2,5 % pola Administración xeral do Estado e nun 22,5 % pola Xunta.

Así mesmo, o conselleiro lembrou que a través do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, onde está enmarcada a medida Leader, aprobáronse nese período un total de 1.151 proxectos (629 produtivos e 522 non produtivos) cos que se conseguiron consolidar 2.636 empregos e crear outros 778 novos postos, cunha axuda pública de 62 millóns de euros.

Os datos facilitounos o conselleiro durante a súa participou no municipio de Covelo da inauguración do Hotel La Rectoral, un proxecto que combina o aloxamento rural e o turismo ecuestre. Destacou José González que o establecemento é unha mostra deste tipo de proxectos produtivos, que ademais cumpre cos obxectivos da medida Leader, xa que dota á zona de servizos que redundan na creación de emprego e garanten a sustentabilidade da actividade no rural. Ademais, asegurou, este tipo de hotel favorece a utilización dos recursos naturais e permite abrir un abano de posibilidades para os amantes da natureza e dos animais en xeral nun concello de longa tradición turística como

es o de Covelo.m.a.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.