Galicia

Unha Galicia que coida da outra, o legado do xigante de nome Castelao

Reivindica o país ao gran referente do panteón de galegos ilustres // As súas preseas son para a música popular da Roda, o xornalismo de Pilar Cernuda, a comunicación de ‘Súper Piñeiro’, os custodios do Camiño e a atleta Ana Peleteiro

  • 28 jun 2020 / 21:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O himno galego distingue ben entre os “iñorantes”, “feridos e duros”, “imbéciles e escuros”... e “os bos e xenerosos”. Os primeiros nunca serán nada para Galicia; unha escolma dos segundos, en cambio, recibiu onte en Compostela as Medallas Castelao, ese gran referente do fogar e nación de Breogán que algúns teiman en insultar en busca de atención mediática nun país que lles é alleo. É, en cambio, a terra do grupo de música tradicional A Roda, da xornalista Pilar Cernuda, o comunicador Xosé Manuel Piñeiro, a atleta Ana Peleteiro e xerme das Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, merecedores das preseas.

Pechaba o acto celebrado no Pazo de Congresos compostelano ese citado himno cantado maxistralmente por Rebeca Rods, a grande vocalista, maxistral no gospel, acompañada pola Banda de Gaitas da provincia de Pontevedra. Antes, nun acto solemne e emotivo, marcado polas regras que impón a pandemia do coronavirus, Feijóo referíase a Castelao como un “dos xigantes galegos”, ao que a “nova Galicia” que rexurdiu coa democracia e o autogoberno “quixo situar no máis alto do seu panteón”.

Citando ao escritor italiano Umberto Eco, quen foi un gran coñecedor e amante da nosa terra, afirmou Núñez Feijóo que “camiñamos sobre os ombreiros de xigantes”, pois o noso progreso aséntase sobre o alicerce dos antepasados e das súas experiencias. Son os nosos mestres. Todos eses galegos e galegas do pasado e do presente “foron sometidos a probas moi duras” a pesares de que a veces “non triunfaron”. Son próximos porque son vulnerables, son coma nos.

“A Galicia actual é froito de millóns de galegos que caeron e volveron a levantarse”, dixo o titular da Xunta. Ese espíritu irreductible trasladouse a no tempo, considera, e axudou “aos nosos compatriotas nos momentos máis duros da pandemia”, agora en vías de ser mutada de “pesadelo en soño”, como xa pasou con outras negras etapas.

Pero a covid-19 deixa secuelas que van moito máis alá das económicas. Recordou Feijóo as 619 mortes, os hospitalizados, o confinamento... Neste trance, dixo, “houbo unha Galicia que coidou de Galicia con agarimo e profesionalidade ilimitados”.

No seu discurso indicou que a nosa forza está en que ningún galego é alleo para outro galego” e todos forman “unha rede de solidariedades” que “non é excluínte” e que favorece que non haxa “receos” na relación cos “demais pobos” que nos rodean.

Feijóo: “Todos os galegos merecen esta medalla”

Santiago. Citou Feijóo ao presidente John Fitzgerald Kennedy, quen dixo que “as grandes crisis producen grandes homes”. Cre que se constata en Galicia coas mulleres e homes que asumen responsabilidades “sabedores de que o seu país agarda o mellor que poidan dar”.

Cando non foi a morte nun exilio “xeográfico e mesmo da esperanza” que sufreu Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, está “a emigración que cantan Rosalía de Castro ou Curros Enríquez, ou a longa noite de pedra na que resisten persoeiros coma Celso Emilio Ferreiro”. Na actualidade, xa nunha etapa de nova normalidade e após dar “abundantes probas solidarias” no peor da pandemia, o titular da Xunta argumentan que os galegos engaden aos “alicientes” da “Galicia anfitrioa”, os da “seguridade”. Referiuse tamén ás “pequenas fazañas cotiás” e cre que todos os galegos demostraron nestes tempos de coronavirus “méritos sobrados para lucir” unha Medalla de Castelao.

Agora está certo de que persistirán na defensa das súas demandas e cumprirán coa súa deber na “loita” por Galicia pese a non proliferar os bos agoiros. J. C.

Cernuda: “Non podo sentirme máis galega”

Santiago. Pilar Cernuda, xornalista compostelana columnista de EL CORREO GALLEGO e autora de máis de vinte libros sobre política –O Presidente, Ciclón Fraga ou Moncloa Confidencial, Non sabes nada de min– e máis recentemente da novela Volverei a buscarte, dixo que era unha “honra e un privilexio, non podo sentirme máis galega, non podo sentirme mellos” ao recibir a Medalla Castelao. Residente en Madrid, naceu en Santiago, viviu en Vigo e ten o seu corazón na aldea de Saiar, no Val do Salnés, onde está a casa familiar dos seus avós, “permanente aberta” á familia.

“É unha xornalista importante polo que escribe e polo que non escribe. Como político, gustaríame poder ler nalgún momento os datos e claves que ela garda no seu conxelador profesional, á espera de elementos que confirmen ou complementen algunha información”.

Así loubou Feijóo, e dixo que “observa o que pasa nun mundo político non sempre coherente, e case nunca sinxelo”... mellor capacitada por ser galega. J. C.

A Roda: “O rexurdimento virá... sempre en Galicia”

Santiago. Recolleu a Medalla Castelao un dos seus integrantes, Alfredo Dourado. Corenta anos para un grupo vigués que dignificou a música de taberna, e que agradece a de un reconocimiento “excelso” a una banda que é “tradición”, algo “perpetuo e inmortal”.

“Este é un ano oscuro, como os século escuros, por iso agardamos un rexurdimento”, dixo. “porque Galicia sempre emerxou, Sempre en Galicia, de Castelao”, apuntou Dourado.

Feijóo defendeu como desos “parlamentos espontáneos espallados pola nosa xeografía” que son as tabernas “xorden cancións que se converten en himnos populares que interpretamos xuntos, e que nos fan sentir máis xuntos. Hai moitos factores de unión neste fogar de Breogán; un deles é o traballo destes excelentes músicos”, apuntou. J. C.

X. M. Piñeiro: “Quero estar á altura de tanto cariño”

Santiago. Desde Allariz (Ourense), Xosé Manuel Piñeiro recibía a Medalla Castelao pola súa traxectoria profesional, en 1992 da man de TVG e CTV nun programa, o Supermartes, que estivo unha década en antena e para el foi un “máster en comunicación”. Agradeceu o galardón á Xunta e, en especial, a súa “parroquia” na televisión galega, que lle permitiu entrar en milleiros de fogares e xogou un papel fundamental en que a xente amase a súa língua.

Calificou o momento vivido onte como “un dos máis emocionantes” da súa vida e agradeceu ao personal de hematoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro, “pola súa adicación e amor polo seu traballo; e sobre todo os delas, son maioritariamiente mulleres as que nos coidan”. Tamén o dos seus compañeiros nestos dous anos afrontando un mieloma.

Del o presidente da Xunta explicou que “é un comunicador que fixo da empatía un selo persoal. Para os espectadores do noso país, Xosé Manuel Piñeiro é alguén da casa que nalgún momento podería atravesar a pantalla e sentarse no salón de calquera fogar galego”. Porque “fai televisión de proximidade nunha Galicia de proximidade”. J. C.

Peleteiro: “Da a forza para saltar lonxe en Tokio”

Santiago. Ana Peleteiro, atleta ribeirense de 24 anos, indicou que era “un honor estar aquí para min tendo en conta a miña idade”. Indicou que son moitos os deportistas con palmarés superior e que “normalmente os premios dánselle a personas que xa teñen unha carreira feita”. Entende que é “algo novo” que se lle entregue a alguén que está a empezar, como é ela, e considera que é porque leva o nome de Galicia ben alto sempre por onde vai. Agora esta Medalla Castelao, “que ven de parte de todos os galegos e é de todos”, daralle a “forza” que necesita para en 2021 “saltar moi lonxe” en Tokio.

Sobre Peleteiro, Alberto Núñez Feijóo mencionou a súa avoa como parte deses “xigantes sobre os que camiñamos”, pois “coñeceu todas as penalidades” e “viviu na Galicia máis lóbrega”. Calou todas as súas desgrazas coma se fosen algo natural que se leva en silencio.

“Hoxe a súa neta é unha campioa admirada en todo o mundo, que pasea por todas as pistas as bandeiras dunha Galicia e dunha España moi diferentes. Hai moitas avoas así na nosa historia, e moitas biografías familiares que cambian o seu destino para acadar outro tipo de campionatos”. Os de Ana, froito do traballo e dunha fe inquebrantable. J. C.

Amigos do Camiño: “É un fenómeno universal”

Santiago. “No momento actual a responsabilidade persoal de cada camiñante é un valor de protección”, dixo o presidente de la Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, Luis Gutiérrez Perrino, no discurso que pronunciou sobre o escenario cando recolleu a Medalla Castelao. Dixo que a Ruta Xacobea é “un fenómeno universal”, al igual que os seus 350 colectivos.

Reivindicou Gutiérrez a defensa dos valores “esenciales” do Camiño, citando entre eles a solidaridade, a hospitalidade, a acollida ou a espiritualidade. Tamén quizo agradecer o “enorme traballo” dos voluntarios de todas estas asociacións sin ánimo de lucro, que antes foron peregrinos e agora velan por el. “Bo Camiño!”

O titular da Xunta indicou que “se alguén se pregunta como foi que a Ruta Xacobea adquire esta dimensión universal que convirte a Compostela e Galicia nun dos centros de atracción cultural e espiritual máis intensos do mundo, atopará unha resposta nas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago”.

Alberto Núñez Feijóo quixo poñer en valor que “conservan, difunden e atenden. Atenden aos peregrinos, difunden os valores xacobeos e colaboran na conservación acaída da ruta. Son copartícipes nunha milagre que fai dos galegos o pobo hospitalario por excelencia”. J. Calviño

Tema marcado como favorito