Galicia
A entidade conta, no seu obxectivo de defender a biodiversidade, cun programa de xestión integral de especies invasoras e outro de voluntariado ambiental // Ademais, en liña coa folla de ruta da Axenda 2030, eliminou o uso de produtos fitosanitarios en todas as súas instalacións TEXTO Brais Fdez.

Viaqua toma grandes medidas para protexer a flora e a fauna en Galicia

  • 05 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Os ecosistemas desempeñan un papel fundamental no noso planeta, proporcionando beneficios esenciais para todos os seres vivos, como auga, alimentos, ou purificación do aire, entre outros, polo que todos dependemos de que estean saudables para a nosa supervivencia. Por iso, é máis necesario que nunca que se reconecte coa natureza para frear a alarmante perda de especies de flora e fauna e para contribuír a mitigar os efectos do cambio climático.

O Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra cada 5 de xuño, pon a énfase este ano na necesidade de preservar a nosa contorna, restaurando os ecosistemas danados e protexendo aqueles que aínda conservan a súa vitalidade e diversidade. A celebración marcará o lanzamento do Decenio das Nacións Unidas para a Restauración dos Ecosistemas (2021-2030). Precisamente, 2030 é a data límite que os científicos consideran crítica para evitar os peores impactos do cambio climático.

A pandemia puxo de relevo o papel protector da natureza. Segundo a ONU, uns entornos sans axudan a protexernos das enfermidades, xa que fai máis difícil a propagación de patóxenos. Neste senso, España é o país con máis biodiversidade de Europa, pero o 14 % das súas 85.000 variedades de animais e plantas están en perigo de extinción.

Viaqua, aliada na defensa do medio ambiente. Comprometida coa preservación dos elementos esenciais do medio ambiente, Viaqua ofrece solucións innovadoras ao redor da xestión sostible da auga, dos recursos naturais e da saúde ambiental para a agricultura, a industria e as cidades, en liña coa folla de ruta da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas.

A empresa galega toma medidas para protexer a flora e a fauna tanto nos espazos protexidos nos que opera, como na contorna das súas biofactorías (depuradoras baseadas nos principios da economía circular). En concreto, a compañía realizou no último ano tres diagnósticos e plans de acción en instalacións dentro de espazos protexidos. Entre as súas iniciativas na loita contra a perda de biodiversidade, destaca o Programa de Xestión Integral de Especies de Flora Invasora, en instalacións como as EDAR de Aríns, en Santiago, de Valdoviño ou Ourense, entre outras. A través dunha metodoloxía e ferramentas propias, o persoal das instalacións do grupo está capacitado para identificar e reportar observacións, así como executar e realizar plans de control e comunicación de especies invasoras.

Viaqua aposta tamén pola eliminación do uso de produtos fitosanitarios en todas as súas instalacións, o que conlevou un cambio no modelo de xestión das zonas verdes. Así mesmo, impulsa medidas para que os seus traballadores se convertan en verdadeiros gardiáns da natureza. O Programa de Voluntariado BiObserva, implantado en sete instalacións (as plantas de depuración (EDAR) e as estacións de tratamento de auga potable (ETAP) de Pontevedra, Ourense e Santiago de Compostela), nas que colaboran catorce traballadores da compañía como voluntarios. Este plan, contempla a observación das especies de avifauna nos centros de traballo e o seu rexistro nunha aplicación ou nunha plataforma web de acceso público. As preto de 26.200 observacións recollidas foron utilizadas internamente pola compañía co fin de analizar e deseñar plans de acción de biodiversidade.

Coidar do planeta é coidar de nós mesmos. Reverter os danos causados á natureza é o maior reto interxeracional actual. Por iso, dende entidades como Viaqua destacan que é o momento de comprometerse.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.