Hemeroteca
REGULAMENTO XERAL

8ª Carreira Pedestre Popular Costa da Morte

EL CORREO GALLEGO – CONCELLO DE MAZARICOS

  • 30 abr 2014 / 18:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

1. A 8ª Carreira Pedestre Popular Costa da Morte, organizada polo Grupo Correo Gallego e o Concello de MAZARICOS, celebrarase o sábado día 24 de maio de 2014 na localidade de MAZARICOS.

2. Realizaranse catro carreiras de acordo cos seguintes horarios e categorías:
• 17.00 horas - Categorías xuvenil, cadete e infantís
• 17.05 horas - Carreira pitufos
• 17.30 horas – Categorías alevín e benxamín
• 17.45 horas – Categorías júnior, promesa, sénior e veteranos

3. CATEGORÍAS E QUILÓMETROS PERCORRIDO:
• PITUFOS: Nen@s que naceron entre o ano 2007 ao 2010 (300 m)
• BENXAMÍN: Nen@s que naceron nos anos 2005 e 2006 (900 m)
• ALEVÍN: Nen@s nados en 2003 e 2004 (900 m)
• INFANTIL: Nen@s nados nos anos 2001 e 2002 (4.000 m)
• CADETE: Escolares nados nos anos 1999 e 2000(4.000 m)
• XUVENIL: Escolares nados nos anos 1997 e 1998 (4.000 m)
• ADULTOS: Homes e mulleres nados en 1996 ou antes (dúas voltas a un circuíto de 5.000 m)

4. INSCRICIÓNS (ver prazos no regulamento específico de cada categoría):
Maiores de 18 anos: INSCRICIÓNS dende o 3 ata o 21 de maio.
Escolares (data límite o luns 19 de maio): a través do centro de ensino, se son da bisbarra da Costa da Morte, ou de forma individual (ata o día 21), pero con permiso paterno, os formularios deberán cubrilos no formato orixinal Excell que deberán baixar neste enlace ou a través da páxina web: www.mazaricos.net e envialos a través do e-mail: andres.tunas@mazaricos.dicoruna.es

5. TODOS @s corredores, excepto as categorías pitufo, benxamín e alevín, levarán un chip (que deberán atar nas súas zapatillas) que é de obrigada devolución.

6. TODOS os participantes deberán colocarse na zona de saída 15 minutos antes do comezo da proba.

7. A organización contará coa axuda dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.

8. Está rigorosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a inmediata descualificación dos atletas acompañados.

9. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixa a súa responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba. Ademáis, se os xuíces así o estiman poden ser retirados do circuíto.

10. Todo corredor/a que incompra as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos da RFEA e FGA referentes a probas en ruta será descualificado ao criterio do xuíz árbitro da competición. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS Ó XUÍZ ÁRBITRO DA COMPETICIÓN cun prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.

11. Coarealización da inscrición todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que tratará ditas imaxes con arreglo á lei de protección de datos.

12. Todos os participantes, polo feito de tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA e RFEA para probas autonómicas de ruta.

13. Todos @s atletas están obrigados a circular polo carril dereito xa que a carreira discorre con tráfico aberto polo outro carril nunha zona determinada e poderán ser retirados da carreira polas autoridades de tráfico se non o fan dese xeito.

REGULAMENTO CARREIRA ADULTOS

1. Na 8ª CARREIRA PEDESTRE POPULAR COSTA DA MORTE – EL CORREO GALLEGO poderán participar tanto atletas federados como non federados nados a partir de 1996, é dicir, os que cumpran en 2014 18 anos ou máis. Os corredores federados deberán cumprir codisposto no artigo 3.4 do regulamento de competicións de campo a través, marcha, carreiras en estrada e reunións de pista cuberta e aire libre para competicións autonómicas que regula a participación de atletas estranxeiros e doutras federacións autonómicas. Máis información desta norma en http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento_competiciones.pdf

2. PERCORRIDO: Dúas voltas por un circuíto de 5000 metros, aproximadamente (estará sinalizado en cada km): saída, ás 17.45 horas, do Campo da Feira e transcorrerá pola rúa Benito Jurjo, rúa Galicia, Dolores González Jurjo, Castelao, Avda. de 13 de Abril, rúa Miguel Figueira, lugar de Quintáns, lugar de Cacheiros, lugar de Zanfoga, Avda. 13 de Abril. Na segunda volta os corredores volverán ó chegar á esquina da rúa Benito Jurjo coa rúa Castelao. A meta estará no Campo da Feira. Establécese un tempo máximo de duración da proba, que será de 1 hora, 20 minutos.

3. A clasificación será absoluta e por categorías.

4. Os corredores estarán controlados ó longo de TODO o percorrido a través dun chip que se lles entregará a cada corredor, xunto co dorsal, o mesmo día da proba, e que deberán colocar nas súas zapatillas antes da saída. É obrigatorio entrar na liña de meta co dorsal e co chip. Serán descualificados aqueles que cheguen sen algún destes elementos. OS CHIPS SON DE OBRIGADA DEVOLUCIÓN, OS QUE ASÍ NON O FIXERAN NON ENTRARÁN NAS CLASIFICACIÓNS, NIN RECIBIRÁN NINGÚN TIPO DE AGASALLO.

5. O CONTROL DE CHEGADA PECHARASE UNHA HORA E 20 MINUTOS DESPOIS DE DAR A SAÍDA.

6. As inscricións poderanse formalizar a partir do sábado día 3 ata o mércores día 21 de maio, INSCRICIÓNS, seguindo as instrucións que figuren nesa páxina. Tamén se poderán formalizar, dentro destes prazos, pero de luns a venres, na Delegación do Grupo Correo Gallego sita na Avda. Fernando Blanco, 47A–1ºA de Cee de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas, e no Concellode MAZARICOS (Dpto. Deportes), en horario de 9.00 horas ata as 14.00 h de luns a venres. Teléfono de información: 981.867.104. Preguntando por Andrés Tuñas. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DESTES PRAZOS.

7. Nas inscricións deberá constar OBRIGATORIAMENTE: nome, apelidos, sexo (F=feminino e M=masculino), nº DNI con letra ou pasaporte, Nº de licenza federativa (só corredores federados), data de nacemento completa (día, mes e ano), poboación de nacemento e teléfono. O SISTEMA REXEITARÁ AS INSCRICIÓNS ÁS QUE LLES FALTE ALGÚN DESTES DATOS. Os nados nos dezasete concellos da Costa da Morte deberán marcar cun X a cuadrícula correspondente, e a maiores os nados no Concello de MAZARICOS. Os atletas que non marquen estas opcións non entran nesta clasificación.

8. Os dorsais e chips recolleranse na zona de saída o mesmo día da proba dende as 12.30 h ata media hora antes de cada saída.

9. NON SE ACEPTARÁN INSCRICIÓNS POR TELÉFONO, NIN FÓRA DOS PRAZOS INDICADOS.

10. Establécense as seguintes categorías segundo o ano de nacemento:
CATEGORÍA FEMININA:
JÚNIOR-PROMESA: Mulleres nadas entre 1989 e 1996
SÉNIOR: Mulleres nadas entre 1974 e 1988
VETERANAS: Mulleres nadas entre 1973 ou antes
CATEGORÍA MASCULINA:
JÚNIOR-PROMESA: Homes nados entre 1992 e 1996
SÉNIOR: Homes nados entre 1980 e 1991
VETERANOS A: Homes nados entre 1974 e 1979
VETERANOS B: Homes nados entre 1954 e 1973
VETERANOS C: Homes nados en 1953 ou antes.

11. Repartiranse os seguintes premios:
CATEGORÍA FEMININA:
1.ª Clasificada: trofeo e 550 euros
2.ª Clasificada: trofeo e 400 euros
3.ª Clasificada: trofeo e 300 euros
Trofeo á 1.ª clasificada das TRES categorías establecidas, exceptuando as tres primeiras.
CATEGORÍA MASCULINA:
1.º Clasificado: trofeo e 550 euros
2.º Clasificado: trofeo e 400 euros
3.º Clasificado: trofeo e 300 euros
Trofeo ó 1.º clasificado das CINCO categorías establecidas, exceptuando os tres primeiros.
Trofeo e 150 euros ó primeiro clasificado da categoría masculina e feminina entre os corredores nados en calquera dos dezasete concellos da Costa da Morte; en caso de que o primeiro nacese en MAZARICOS, este premio pasará ó segundo corredor da bisbarra.
Trofeo e 150 euros ó primeiro e primeira clasificados entre os participantes nados no Concello de MAZARICOS.
NOTAS: En ningún caso un mesmo atleta poderá recibir dous premios á vez, percibindo unicamente o de maior contía.

12. Os premios en metálico seranlles aboados ós atletas o mesmo día da proba, previa presentación da súa documentación (DNI ou pasaporte).

13. TODOS os corredores que entren en meta co control aberto, e entreguen o chip, recibirán unha camiseta.

14. Os corredores poderán dispor de duchas e vestiario no pavillónmunicipal (sito na rúa Monte do Picoto, detrás do Concello). Non haberá servizo de gardarroupa.

15. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os autorizados pola organización.

16. A organización porá a disposición dos participantes da carreira de 10 km un servizo de fisioterapia en colaboración co Colexio Oficial de Galicia de Fisioterapeutas.

REGULAMENTO CATEGORÍAS INFANTIL, CADETE E XUVENIL

1. A 8ª Carreira Pedestre Popular Costa da Morte–El Correo Gallego escolar celebrarase o sábado día 24 de maio de 2014 na localidade de MAZARICOS ás 17.00 horas.

2. Esta carreira está reservada para todos os corredores nados entre 1997 e 2002.

3. O percorrido será de 4 quilómetros, aproximadamente. Saída, ás 17.00 horas, do Campo da Feira e transcorrerá pola rúa Miguel Figueira, lugar de Quintáns, lugar de Cacheiros, lugar de Zanfoga, Avda. 13 de Abril. Chegada Campo da Feira.

4. Os participantes deberán colocarse na zona de saída15 minutos antes do comezo da proba.

5. Os premios estableceranse por participación individual e por equipos (colexios, institutos ou clubes)

6. Por participación individual, establécense seis categorías (tres femininas e tres masculinas) distribuídas da seguinte forma:
1) INFANTIL FEMININA: nadas en 2001 e 2002
2) INFANTIL MASCULINA: nados en 2001 e 2002
3) CADETE FEMININA: nadas en 1999 e 2000
4) CADETE MASCULINA: nados en 1999 e 2000
5) XUVENIL FEMININA: nadas entre 1997 e 1998
6) XUVENIL MASCULINA: nados entre 1997 e 1998

7. Recibirán un trofeo e un agasallo os primeir@s de cada categoría.

8. Recibirán trofeo os segund@s e terceir@s clasificad@s de cada categoría.

9. O centro escolar con maior número de alumn@s destas categorías en liña de meta, que estean inscritos oficialmente a través do colexio ou clube, sexan da categoría que sexan e sen importar a orde de chegada, recibirá untrofeo e 150 euros. Non puntuarán os rapaces inscritos de forma individual.

10. Esta carreira estará controlada en TODO o percorrido por chip, que se entregará xunto cos dorsais o mesmo día da proba dende as 12.30 horas ata media hora antes da saída. RECÓRDASE QUE OS CHIPS SON DE OBRIGADA DEVOLUCIÓN, NON ENTRARÁN NAS CLASIFICACIÓNS NINGÚN ESCOLAR QUE NON O FIXERA, NIN TAMPOUCO RECIBIRÁ MEDA LLA NIN AGASALLO. O CENTRO ESCOLAR SERÁ O RESPONSABLE DA DEVOLUCIÓN DESTES CHIPS.

11. O CONTROL DE CHEGADA PECHARASE 45 MINUTOS DESPOIS DE QUE ENTRE EN META O PRIMEIRO CORREDOR CLASIFICADO.

12. En TODAS as inscricións (individuais e por equipos) deberán figurar OBRIGATORIAMENTE os seguintes datos: nome, apelidos, sexo (F=feminino e M=masculino), nº DNI con letra (só os que o teñan), data de nacemento completa (día, mes e ano). Os colexios e clubs deberán poñer o nome do centro ou club, enderezo, teléfono e nome do profesor ou titor responsable. Os que se inscribande forma individual ademais deberán poñer o enderezo, poboación de nacemento e teléfono.

13. A inscrición poderase formalizar dende o sábado 3 ata o luns 19 de maio:
• INSCRICIÓN POR EQUIPOS: para a participación por centro escolar deberán formalizar na súa totalidade as follas de inscrición facilitadas pola organización, en formato excell. Ou a través de www.mazaricos.net
• INSCRICIÓNS ESCOLARES INDIVIDUAIS (non puntuarán na clasificación por colexios): deberán enviar os seus datos, xunto coa autorización paterna (a descargar a través de calquera das webs indicadas anteriormente), ó e-mail: andres.tunas@mazaricos.dicoruna.es, ou ben de forma presencial, nos mesmos lugares e prazos establecidos no regulamento xeral. Prazo de inscrición ata o 21 de maio.
• NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DESTES PRAZOS.

14. TODOS os escolares que entren en meta co control aberto e entreguen o chip correctamente recibirán unha medalla e unhacamiseta.

15. Será necesario documentar a idade para poder acceder ós premios.

16. A Carreira Pedestre na categoría escolar, salvo o especificado por este regulamento, rexerase polo xeral da 8ª CARREIRA PEDESTRE POPULAR COSTA DA MORTE–EL CORREO GALLEGO.

REGULAMENTO PARA ALEVÍNS E BENXAMÍNS

1. Esta carreira está reservada para os nenos e nenas nados entre 2003 e 2006.

2. A inscrición poderá formalizarse dende o sábado día 3 ata o luns, día 21 de maio, utilizando os mesmos formatos que os establecidos na carreira de infantís, cadetes e xuvenís.

3. O percorrido será de 900 metros, aproximadamente. Saída, ás 17.30 horas, do Campo da Feira e transcorrerá pola rúa Miguel Figueira, rúa do Batán, rúa do Wolfran e Avda. 13 de Abril. Chegada ó Campo da Feira.

4. Os dorsais entregaranse dende ás 12.30 horas ata media hora antes da saída. Esta carreira non está regulada por chips.

5. Os participantes deberán colocarse na zona desaída 15 minutos antes do comezo da proba.

6. Establécense catro categorías, dúas femininas e dúas masculinas:
1) BENXAMÍN FEMININA: nenas nadas en 2005 e 2006
2) BENXAMÍN MASCULINA: nenos nados en 2005 e 2006
3) ALEVÍN FEMININA: nenas nadas en 2003 e 2004
4) ALEVÍN MASCULINA: nenos nados en 2003 e 2004

7. Recibirán un trofeo e un agasallo os primeir@s de cada categoría.

8. O CONTROL DE CHEGADA PECHARASE QUINCE MINUTOS DESPOIS DE QUE
ENTRE EN META O PRIMEIRO CORREDOR CLASIFICADO.

9. TODOS os escolares que entren en meta co control aberto recibirán unha medalla e unha camiseta.

10. Será necesario documentar a idade para poder acceder ós premios.

11. NOTA: os corredores das categorías benxamín e alevín NON entran na clasificación por colexios.

REGULAMENTO CARREIRA DOS PITUFOS:

1. Ás 17.05 darase a saída para os rapaces e rapazas que naceron entre o ano 2007 e o 2010. Farán un percorridode 300 m aproximadamente, con saída do Campo da Feira, pasando pola rúa Miguel Figueira, rúa Rep. Ferradas e Campo da Feira. Os prazos (ata o día 21) e formatos para inscribirse serán as mesmos que os establecidos nas carreiras de menores.

2. Todos estes corredores recibirán ó finalizar a carreira unha medalla e un agasallo. Non haberá clasificación oficial desta proba.

NOTA: TODOS os corredores oficialmente inscritos terán un seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Tema marcado como favorito