Hemeroteca
RIBEIRA

Acometen no río Artes tarefas de bioenxeñería

    • 07 oct 2019 / 21:10
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    O organismo hidráulico Augas de Galicia vén de acometer importantes tarefas de limpeza e conservación no río Artes, no concello de Ribeira, centradas no treito interurbano, no seu percorrido pola parroquia de Oleiros. Trátase de diversos traballos de mantemento na contorna do citado cauce, no ámbito da bioenxeñería, nos que se inclúen a protección e a estabilización de noiros con elementos naturais. Así, fixéronse rareos e outros labores para despexar a plantación de herbáceas que afectaban ao desenvolvemento das estacas. Tamén se acometeu a reposición nas plantacións realizadas para favorecer o desenvolvemento do estrato arbóreo e arbustivo, co obxecto de acadar unha mellor estrutura e complexidade no conxunto de vexetación de ribeira.

    Tema marcado como favorito