Hemeroteca
ofrenda floral

Acto literario do Centro PEN Galicia en homenaxe a Eduardo Blanco-Amor no 35 aniversario do seu pasamento

Celebrarase o luns, 1 de decembro, ás 12:00 horas, no cimiterio de San Francisco, en Ourense

    • 25 nov 2014 / 13:20
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Foi o 1 de decembro de 2004, por iniciativa de Marcos Valcárcel e Luís González Tosar, cando o PEN -sección galega do PEN Internacional que agrupa a un cento de escritoras e escritores en lingua galega- organizou a primeira Xornada de Homenaxe a Eduardo Blanco-Amor, promotor da necesidade dun PEN galego en 1977, diante da campa onde descansan os restos do escritor, no cemiterio de S. Francisco (Ourense).

    Cada ano, arredor da data do pasamento do autor de A esmorga, o PEN segue a congregar, nun fermoso acto literario, ós amigos e lectores de Blanco-Amor, a un grupo de alumnos dos Institutos de Ensino Secundario da cidade que el inmortalizou como Auria -IES Blanco-Amor, IES Otero Pedrayo, IES As Lagoas, CIFP A Carballeira-Marcos-Valcárcel-, a un mantedor encargado de glosar algunha das innumerables perspectivas blancoamorianas e ós representantes da Editorial Galaxia, Real Academia Galega, Concello, Deputación e Xunta de Galicia. Rematadas as intervencións, cada unha das institucións presentes realiza unha ofrenda floral que pecha o PEN cunha coroa de loureiro.

    Nesta XI edición, 35 aniversario do pasamento do ilustre ourensán, respondendo ó chamamento do Parlamento de Galicia que, por unanimidade dos grupos da Cámara, declarou 2014 como Ano Blanco-Amor, a actividade promovida polo PEN terá lugar o luns 1 de decembro, ás 12:00 h, no citado cimiterio de S. Francisco. Está previsto que actúe de mantedor o debuxante Siro López, que abordará “Algúns aspectos do humor de EBA”. Agradece o PEN a inestimable colaboración das persoas e entidades implicadas, especialmente as institucións patrocinadoras (Consellería de Cultura, Educación e Ord. Univ. da Xunta de Galicia e Deputación de Ourense).

    DESENVOLVEMENTO DO ACTO LITERARIO E OFRENDA FLORAL

    (LUNS 1 de decembro, 12.00 hs, cemiterio de San Francisco, Ourense)
    Saúdo e benvida: Luís González Tosar (Presidente do Centro PEN Galicia).
    Palabras de Siro López: Algúns aspectos do humor de EBA.
    Lecturas a cargo das alumnas e alumnos.
    Breves intervencións de:
    Víctor F. Freixanes (Director da Ed. Galaxia).
    Xesús Alonso Montero (Presidente da RAG).
    Ana Garrido (Concelleira de Cultura).
    Rosendo Fernández (Vicepresidente da Deputación de Ourense).
    Jesús Vázquez Abad (Conselleiro de Cultura, Educación e Ord. Univ).
    Ofrenda floral.

    Tema marcado como favorito