Hemeroteca

Adentrámonos no Pazo de Raxoi, moito máis que un Concello

O edificio foi un dos incluídos nas visitas guiadas da Semana do Patrimonio Invisible // A iniciativa tivo como obxectivo abrir as portas de inmobles aos que normalmente non accede o público

  • 18 sep 2018 / 19:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Abrir as portas ao público de espazos de gran valor patrimonial aos que normalmente non teñen acceso os cidadáns. Con esa idea se estivo a desenvolver en Santiago un programa de visitas guiadas enmarcado na Semana do Patrimonio Invisible. Os itinerarios incluíron enclaves como o cemiterio de Boisaca, o psiquiátrico de Conxo, o pazo de Ramirás, o Hostal dos Reis Católicos, o pazo se San Lourenzo, San Agostiño ou un percorrido polo Pazo de Raxoi.

O edificio que alberga o Concello é un gran coñecido por fóra, non é para menos porque pecha a praza máis emblemática da cidade, a do Obradoiro, mirando de fronte á Catedral. Pero e por dentro?, por dentro é o gran descoñecido para os cidadáns e é realmente unha pena… porque o inmoble conta con salóns, lámpadas, cadros… dignos de ser observados. E iso foi o que puideron desfrutar as persoas que se apuntaron a esta visita, unha experiencia cultural única que incluíu as pertinentes anécdotas e explicacións sobre a historia de cada recuncho, ou o descubrimento, por exemplo, da terraza con vistas ás Hortas ou ao patio do antigo cárcere.

Tema marcado como favorito