Hemeroteca

Adxudican a redacción da glorieta na intersección de Xuño, en Porto do Son

Con este proxecto trátase de mellorar a seguridade viaria na AC-550 neste núcleo

    • 07 may 2019 / 20:40
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de adxudicar a redacción do proxecto de mellora de seguridade viaria na estrada AC-550 para a execución dunha glorieta á altura da intersección ao acceso a igrexa de Xuño, no Concello de Porto do Son.

    A definición desta actuación, que se adxudicou á consultora Serye Ingenieros S.L., conta cun investimento autonómico de preto de 11.000 euros e ten un prazo de execución de tres meses.

    Según explican, o departamento da Xunta proxecta a execución desta rotonda no punto quilométrico 98+340 da citada vía. Trátase de acadar o calmado do tráfico e así mellorar a seguridade viaria neste punto mediante a redución da velocidade de circulación e a optimización dos movementos do tráfico rodado na zona.

    Os traballos topográficos comezan hoxe no cruce, o cal vai a igrexa, ao centro médico, a praia das Frunas e ao colexio, para facer as medicións necesarias sobre o terreo e proceder a redacción. Esta incluirá o estudo do detalle da reposición de camiños, vías pecuarias, accesos, servidumes e servizos que resulten afectados.

    Para o dimensionamento das obras terase en conta os condicionantes locais, así como a normativa de aplicación no deseño.

    Tema marcado como favorito