Hemeroteca

Afonso Eiré lanza novo libro: 'Memorias dunha vaca marela'

A novela sairá proximamente do prelo, editada por Hércules de Ediciones // O autor ten unha carreira con numerosos premios e galardóns literarios

  • 20 abr 2018 / 22:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

"Eu son a Cachorra. Unha vaca. Pero non unha vaca calquera. Son unha vaca marela. Unha rubia galega. Unha vaca da casa, agora enxermada e marota. Aos meus 30 anos, vivín moito e vin moito máis e aínda miro coa costume de enxergar...".

Así se presenta a protagonista de Memorias dunha vaca marela ao comezo da novela de Afonso Eiré que sairá proximamente do prelo, editada por Hércules de Ediciones.

Como di o refraneiro popular "a vaca marela non hai quen poida con ela", e a Cachorra é unha desas vacas. A través da súa vida e dos seus ollares, o autor, que xa lle dera vida a protagonista no lembrado libro Eu tamén fun coas vacas, radiografíanos os cambios que se deron non só nas explotacións agrícolas e gandeiras, pasando da corte debaixo da casa aos máis modernos estábulos, senón na sociedade rural galega. Os cambios para as vacas pero tamén para os paisanos. Das máis de cen mil explotacións as pouco máis de sete mil. Das vacas marelas que poboaban os prados e montes ao inzado das pintas que non saen das súas granxas. Da gandería de subsistencia a gandería industrial. Do "nós non somos empresarios" que berraban os labregos a fins do século pasado, aos que presumen agora de ser empresarios agrícolas e na vez de vivir no campo viven nas vilas. Das granxas modernas que pecharon... Do arado romano tirado polas vacas ao tractor con música estéreo e aire acondicionado.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

Tema marcado como favorito