Hemeroteca

O alumnado do PAI da Baña celebrou o magosto con actividades durante toda a semana

  • 12 nov 2019 / 01:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O alumnado do Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña celebrou o magosto degustando castañas, biscoito e ‘gusanitos’ despois dunha intensa semana na que estiveron realizando diferentes actividades relacionadas con esta tradición do outono. Nenas e nenos elaboraron a súa castañeira e caixas e cornetes para levar as castañas, pintados e decorados con motivos típicos da época. O pasado venres foi unha castañeira para asar as castañas que despois a cativada degustou xunto coas súas profesoras, nunha merenda na que non faltaron biscoito e ‘gusanitos’.

Tema marcado como favorito